A Xunta achégalles un novo investimento de 880.000 euros ás salas de cine, música, teatros e auditorios

Imagen del artículo A Xunta achégalles un novo investimento de 880.000 euros ás salas de cine, música, teatros e auditorios

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Hoxe publícanse no DOG as bases das subvencións para a modernización e xestión sostible das salas de cine, dotadas con 380.000 euros, e mañá será a quenda das dirixidas aos espazos de programación escénica e musical, con 500.000 euros
  • Dáselles continuidade ás vías de apoio para este tipo de establecementos culturais, de xeito que o orzamento destinado á súa mellora supera os 5M€ desde 2021

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases das subvencións anuais da Xunta a salas de cine, para as que reserva unha dotación de 380.000 euros. A elas engadirase mañá a convocatoria destinada infraestruturas de artes escénicas e musicais, con 500.000 euros, de xeito que ambas liñas suman un novo investimento de 880.000 euros na modernización e xestión sostible deste tipo de espazos culturais.

Trátase da cuarta convocatoria anual consecutiva no caso dos cinemas e da terceira para os espazos de exhibición escénica e musical, co que orzamento para a súa mellora consignado desde 2021 pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades supera xa os 5M€.

No caso concreto das axudas a salas de cine, apoiaranse proxectos desenvolvidos ata o vindeiro 31 de outubro para contribuír á súa innovación e dixitalización, así como para facilitar a súa adaptación a un mercado influído polos novos hábitos no consumo audiovisual asociados ao crecemento das plataformas dixitais, especialmente a partir da pandemia.

A través desta vía, da que o ano pasado resultaron beneficiarios 12 espazos doutras tantas localidades, a Xunta incidirá en tres eixes de acción: dixitalización e aplicación das novas tecnoloxías, adopción de medidas de desenvolvemento sostible e impacto ambiental positivo, e iniciativas destinadas á fidelización e captación de público e á configuración dunha programación diversa e inclusiva.

Incentivo á programación en galego

Neste último apartado, apoiarase especificamente a circulación da cinematografía europea e iberoamericana, con especial atención ás obras de produción galega e en versión orixinal galega. Entre as actuacións subvencionables, atópanse tamén campañas de captación de públicos e accións especiais dirixidas a centros educativos, de integración social e/ou cultural ou para profesionais do audiovisual, entre outras.

Faise fincapé, así mesmo, na inclusión e no reto demográfico á hora de chegar a novas audiencias e a colectivos específicos, así como na diversidade da oferta cinematográfica tamén en canto a xéneros e formatos ou á programación de obras de dirección feminina ou de dirección novel, entre outros aspectos.

Cada axuda poderá chegar ata o 80% do gasto subvencionable e a contía da subvención corresponderase co número de pantallas da sala, oscilando entre un máximo de 21.600€ no caso dunha pantalla e 55.200€ para 15.

Sistemas dixitais e rehabilitación

Pola súa banda, as subvencións para teatros, auditorios e salas de espectáculos escénicos e concertos diríxese principalmente á renovación dos sistemas dixitais de iluminación, vídeo, audio e comunicación en rede, maquinaria escénica, xestión artística e produción, así como ao acondicionamento e rehabilitación dos edificios para favorecer a súa adaptación ao cambio climático.

Avánzase así nos obxectivos de dixitalización, xestión sostible e respecto medioambiental desta vía de apoio, que redundan tanto na mellora das condicións de traballo do persoal técnico e artístico como nunha maior calidade na exhibición dos espectáculos diante do público.

Poden optar a estas axudas, a través das que nos dous anos anteriores se investiron 2,4 millóns de euros en 82 espazos, tanto concellos como entidades privadas para acometer os seus proxectos de mellora ata o 1 de xullo de 2025. A contía da axuda poderá acadar o 80% do orzamento no caso das empresas, cun límite de 15.000 euros, e do 70% para a Administración local, con 40.000 euros como máximo, que se elevan a 50.000 euros para as agrupacións de entidades.

Solicitudes ata o 22 de abril

Ambas as convocatorias, que poderán solicitarse ata o vindeiro 22 de abril, desenvólvense en réxime de concorrencia competitiva con financiamento a cargo dos fondos Next Generation EU e Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.

Entroncan nos seus obxectivos co eixo do Plan Xeración Cultura destinado á innovación, dixitalización e modernización, que terá o seu impulso normativo coas futuras leis de cultura inclusiva e accesible e de cultura dixital.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23155 {"title":"A Xunta achégalles un novo investimento de 880.000 euros ás salas de cine, música, teatros e auditorios","published_date":"2024-03-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773444\/iStock-136631453.jpg","id":"23155"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-20/23155-xunta-achegalles-novo-investimento-880-000-euros-as-salas-cine-musica-teatros-e-auditorios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.