Román Rodríguez pide axilidade na elaboración do Plan especial de Conxo para construir un centro de FP
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións participa no Consello de Administración do Consorcio de Santiago
- Lembra que a Xunta vai actuar de urxencia no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres á espera dun plan integral de rehabilitación liderado polo Consorcio

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, participou hoxe na sesión ordinaria do Consello de Administración do Consorcio da cidade de Santiago, que se celebrou na Casa Vaamonde.
O representante da Xunta de Galicia aproveitou para pedir axilidade na elaboración do Plan Especial de Conxo, un plan que posibilitará a futura construción dun Centro Integrado de FP especializado en ciencias da saúde en Conxo. "A creación deste centro busca mellorar a oferta educativa vinculada ao campo sanitario e ás necesidades profesionais neste ámbito", explicou Román Rodríguez sobre a repercusión deste proxecto e a importancia de desbloquealo a nivel urbanístico, así como a creación de prazas educativas no sur da cidade.
Así mesmo, durante a reunión, o conselleiro de Cultura en funcións lembrou que a Xunta de Galicia está a actuar de urxencia na Igrexa de Bonaval debido as humidades provocadas pola entrada de auga das últimas choivas, á espera dun plan integral de rehabilitación da igrexa que acolle o Panteón de Galegas e Galegos Ilustres liderado polo Consorcio de Santiago.
Neste senso, Román Rodríguez avanzou que os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xa se desprazaron á igrexa para avaliar a intervención de urxencia e poder acometela canto antes.