Román Rodríguez destaca o éxito do primeiro ciclo de FP dual de hostalaría da Costa da Morte
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Educación en funcións visita os 12 alumnos do ciclo de FP Básica en Cociña e restauración do Instituto IES Ramón Caamaño de Muxía
- Destaca a gran acollida do tecido produtivo da zona, con 10 empresas colaboradoras
Muxía (A Coruña), 11 de marzo de 2024
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, comprobou hoxe o funcionamento da nova FP Básica na modalidade dual en Cociña e restauración que se imparte desde este curso no Instituto IES Ramón Caamaño de Muxía. "Trátase da primeira iniciativa deste tipo na familia profesional de Hostalaría e turismo na zona e responde á demanda detectada e transmitida polos empresarios do sector da Costa da Morte desde hai un tempo", destacou o representante da Xunta.
Neste sentido, Román Rodríguez salientou a gran resposta do tecido produtivo a esta oferta. "Son unha decena de empresas as que van colaborar na formación destes 12 alumnos que inauguran o ciclo, todas elas de recoñecido prestixio", explicou. "Estamos seguros de que esta primeira edición vai ser todo un éxito e de que o sector vai seguir demandando esta formación para nutrirse de profesionais cualificados para seguir medrando", afirmou o conselleiro en funcións.
En concreto, a partir deste mesmo mes os alumnos co ciclo realizarán a actividade formativa profesional no Parador Costa da Morte e nos restaurantes A Casa do Peixe, Son de Mar, A Lonxa D'Álvaro, A Furna, A Marina e As Baleas, todos eles de Muxía; en O Semáforo, de Fisterra; no Hotel Insua, de Cee, e en Villa de Oro, de Camariñas.
No transcurso da visita, o conselleiro interesouse pola experiencia persoal do alumnado nestes primeiros meses na FP e animounos a continuar mellorando a súa formación ao remate do mesmo na oferta de ciclos de grao medio. A visita completouse cun petisco ofrecido polos estudantes para amosar o aprendido no que vai de curso.
Saídas profesionais
O ciclo de FP Básica en Cociña e restauración ensina ás persoas que o cursan a desenvolver con autonomía as operacións básicas de preparación, conservación e presentación de elaboracións culinarias, alimentos e bebidas, así como a asistir nos procesos de servizo e atención á clientela. Deste xeito, os titulados poderán traballar como axudantes de cociña, de camareiro, de bar ou de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas, entre outras actividades.