O Centro Dramático Galego estende a súa actividade a 15 espectáculos, máis de 100 concellos e unha decena de países na celebración do seu 40º aniversario

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Román Rodríguez subliña a traxectoria do CDG como fogar e plataforma para a profesión teatral galega e a súa evolución no compromiso coa inclusión e a accesibilidade, a proxección exterior e a creación galega contemporánea
  • 'Os actos e as profecías' estréase o 11 de abril en Santiago como produción central dunha programación na que a unidade teatral da Xunta pon o foco na cidadanía a través de múltiples accións de accesibilidade, mobilidade e mediación de públicos
  • Coincidindo co Día Mundial do Teatro, mañá terán lugar no Salón Teatro catro quendas de visitas teatralizadas conducidas pola compañía Galeatro

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2024

O Centro Dramático Galego (CDG) celebra este 2024 os 40 anos da súa fundación como a compañía pública de teatro de Galicia desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, a unidade teatral da Xunta de Galicia continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, apostan polo futuro poñendo o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega contemporánea.  

O Salón Teatro de Santiago de Compostela, que este ano cumpre tamén 20 anos como sede do CDG, acolleu a presentación do programa conmemorativo, na que Román Rodríguez estivo acompañado no escenario por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais; Fran Núñez, actual director do Centro Dramático Galego; Manuela Domínguez, extraballadora da compañía pública durante 36 anos, e Tamara Canosa, directora de Os actos e as profecías, produción central desta celebración, que se estreará o vindeiro 11 de abril neste mesmo espazo.

En representación do sector escénico galego, asistiu así mesmo unha trintena de profesionais entre os que se atopaban Ánxeles Cuña e Blanca Cendán, ex directoras do Centro Dramático Galego e os representantes dos equipos artísticos e compañías implicadas nestas programación conmemorativa, ademais de entidades como a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Escena Galega, Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Colectivo RPM, Federación Galega de Teatro Afeccionado, Insituto Camões, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia ou Museo do Pobo Galego.

O conselleiro subliñou a traxectoria da compañía institucional como fogar da profesión teatral galega, "un espazo aberto a todo o sector con toda a liberdade e os medios para desenvolver o seu traballo", arredor do que se asentou ademais a profesionalización do teatro en Galicia.

Máis de 100 espectáculos e 1000 profesionais

Con máis de 100 espectáculos producidos coa implicación de máis dun milleiro de profesionais de todos os ámbitos artísticos e técnicos, o Centro Dramático Galego é "memoria e futuro" do teatro galego a través da recuperación dos clásicos, a incorporación da creación galega contemporánea e das novas expresións escénicas e o compromiso coa concienciación social e a inclusión, detallou.

Xustamente mañá, Día Mundial do Teatro, cumpriranse 40 anos do anuncio público por parte da Xunta da fundación do Centro Dramático Galego, que estrearía o seu primeiro espectáculo, Woyzeck, o 23 de agosto no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Coincidindo con este data sinalada, o Salón Teatro acollerá catro quendas de visitas teatralizadas da man da compañía Galeatro e con Alba Bermúdez, Luma Gómez, Tone Martínez e Carlos Sante como guías nun percorrido polas instalacións escénicas e por moitas das historias e anécdotas do Centro Dramático Galego ao longo destas catro décadas. As visitas, con capacidade limitada a 12 prazas, terán lugar ás 18, 19, 20 e 21,00 h., previa reserva no 881 867 229 en horario de mañá.

A unidade teatral da Xunta atópase xa inmersa nun ano a pleno rendemento de actividade durante o que porá en pé ou terá participado en 15 espectáculos e proxectos escénicos, comezando polas recentes postas en escena da coprodución galego-brasileira Hamlet, o de Cunqueiro e de Míticas pero secundarias, dentro do ciclo Clásicas desfeitas coa Cidade da Cultura de Galicia, así como da estrea galega de Manuela Rey Is In Da House xunto co Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana do Castelo, Teatro Nacional São João do Porto e Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa.

A continuación, verá a luz Os actos e as profecías, produción central da programación do 40º aniversario, no marco do proxecto europeo Phōnē. Inserido no programa da UE Europa Creativa e baixo o lema Dándolles ás linguas minorizadas unha voz, participan nel distintos departamentos da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto con entidades escénicas doutros sete países: Alemaña, Francia, Irlanda, Italia, Noruega, Países Baixos e Romanía.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23260 {"title":"O Centro Dramático Galego estende a súa actividade a 15 espectáculos, máis de 100 concellos e unha decena de países na celebración do seu 40º aniversario","published_date":"2024-03-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773462\/240326+teatro+05c.jpg","id":"23260"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-26/23260-centro-dramatico-galego-estende-sua-actividade-15-espectaculos-mais-100-concellos-e-unha-decena-paises-na-celebracion-do-seu-40-aniversario https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.