A Xunta remata a restauración da Igrexa de San Miguel de Riofrío en Mondariz

Imagen del artículo A Xunta remata a restauración da Igrexa de San Miguel de Riofrío en Mondariz

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, visita o resultado dos traballos executados polo Goberno galego ao abeiro dun convenio coa Diocese de Tui-Vigo

Mondariz (Pontevedra), 17 de marzo de 2024

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, visitou hoxe o resultado das obras executadas pola Xunta de Galicia na igrexa parroquial de San Miguel de Riofrío, en Mondariz, ao abeiro do acordo de colaboración coa Diocese de Tui-Vigo para a conservación e o mantemento do patrimonio eclesiástico de Galicia.

A representante da Consellería de Cultura destacou que esta igrexa parroquial forma parte dun conxunto de bens, "espallados por todo o territorio", que funcionan como elementos de cohesión social e orgullo contribúen ao seu desenvolvemento. Trátase, tal e como engadiu, da "herdanza do pobo de Mondariz, polo que o noso deber é conservar este legado para as xeracións futuras".

No caso de San Miguel de Riofrío, o Goberno Galego vén de renovar a cuberta da igrexa cun investimento de máis de 30.000€. As obras realizadas incluíron a retirada da tella antiga para instalar un novo sistema de illamento e a colocación de nova tella cerámica sobre rastreis metálicos. Ademais da cuberta, os traballos leváronse a cabo tamén nos cumios e na zona do campanario.

Esta intervención enmárcase na colaboración levada a cabo entre o Goberno galego e as dioceses galegas co fin de impulsar pequenas actuacións de conservación en mantemento en igrexas parroquiais da súa titularidade que forman parte do patrimonio cultural de Galicia e que este ano permitirá a mellora dunha ducia de igrexas en Manzaneda, Xove, Agolada, Palas de Rei, Samos, Sober, Calvos de Randín, Verín, Maside, A Coruña, Outes e Salvaterra de Miño.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23085 {"title":"A Xunta remata a restauración da Igrexa de San Miguel de Riofrío en Mondariz","published_date":"2024-03-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662131\/Mondariz.jpg","id":"23085"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-17/23085-xunta-remata-restauracion-da-igrexa-san-miguel-riofrio-mondariz https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.