A Xunta destaca o labor do instituto Eusebio da Guarda a prol da literatura a través da XIX edición do certame Rita Suárez Amado
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participa na entrega dos premios en homenaxe á que foi alumna do centro
A Coruña, 15 de marzo de 2024
A Xunta de Galicia destaca o labor do Instituto IES Eusebio da Guarda polo fomento da lectura e da escritura a través do XIX certame literario Rita Suárez Amado en memoria da que foi alumna do centro.
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou hoxe na entrega dos galardóns, unha cita anual que é posible grazas á implicación do equipo directivo encabezado por Isabel Ruso e do conxunto do alumnado e do profesorado do instituto "e que hoxe é un referente para a comunidade educativa", salientou.
A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades gabou tamén a importancia deste tipo de certames como "aliciente e revulsivo" para que a mocidadede ESO e Bacharelato se inicie na escritura a través de propostas de relatos curtos e de poesía. Así mesmo, amosou o seu agradecemento á familia de Rita, que doa parte dos premios e á anpa, encargada de organizar o taller de escritura creativa para os gañadores.