Catro empresas optan á rehabilitación integral do colexio CEIP Froebel por máis de 1,1 M€

  • O proxecto da Xunta inclúe a renovación de case 1.500m² de cubertas, a mellora do illamento térmico e a instalación de novos falsos teitos, luminarias, alicatado e portas
  • A maiores, renóvanse as instalacións de electricidade, fontanería, calefacción e protección contra incendios en toda a área de actuación desta terceira fase

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024

Un total de catro empresas de construción presentaron as súas ofertas para realizar a terceira fase da rehabilitación integral do Colexio CEIP Froebel de Pontevedra. Cómpre lembrar que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades licitou esta obra en febreiro, por un importe de 1.170.948,58€ e, para axilizar os trámites, remitiu xa ao Concello de Pontevedra o proxecto básico e de execución para que conceda a licenza de obras no prazo máis breve posible.

Na sesión celebrada hoxe da mesa de contratación, os técnicos constataron a presentación de ofertas por parte das empresas Construcciones Castro Figuero S.L., Construcciones Jesús Naray S.L., Construcciones y Obras Taboada Ramos S.L.U. e Obras y Servicios Gómez Crespo S.L. A partir de agora, revisarase a documentación presentada para proceder a realizar a proposta de adxudicación e que a obra, que ten un prazo de execución de seis meses, poida comezar no verán, sempre e cando o Concello teña outorgado a licenza de obras.

Melloras en cubertas e aulario

O programa de necesidades inclúe tanto as necesidades iniciais detectadas pola Unidade Técnica como melloras suxeridas polo propio centro e ocúpase da parte do colexio que aínda non foi reformado, que se corresponde coa parte do volume central que dá á rúa Xeral Martitegui, incluíndo as aulas de Primaria e a zona cuberta do patio central, así como o distribuidor que rodea todo o patio central.

Deste xeito, o proxecto contempla a renovación das cubertas que aínda non foron mudadas, cunha superficie total de case 1.500m², unha actuación que se completará co reforzo estrutural das cerchas e a renovación dos correspondentes canlóns e baixantes. Incorporarase, ademais, illamento térmico nas novas cubertas, de xeito que se reduzan as perdas de calor e colocarase un pararraios.

Así mesmo, colocarase trasdosado de xeso interiores en fachadas exteriores para incrementar o illamento térmico e melloraranse os acabados interiores, co cambio de falsos teitos, alicatados, luminarias e portas, tanto en zonas comúns como en aulas. No que atinxe aos aseos, acometerase a remodelación dos situados na torre central.

A maiores, renovaranse as instalacións de electricidade, fontanería, calefacción e protección contra incendios en toda a área de actuación desta terceira fase.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23000 {"title":"Catro empresas optan á rehabilitación integral do colexio CEIP Froebel por máis de 1,1 M€","published_date":"2024-03-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23000"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-14/23000-catro-empresas-optan-rehabilitacion-integral-do-colexio-ceip-froebel-mais-1-1-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.