A Xunta inviste máis de 12.600 € para actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas municipais do Salnés

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial visitou a Biblioteca do Grove e destacou o "imprescindible traballo das bibliotecarias"
  • Dende o ano 2019, a Xunta investiu máis de 100.000 euros nas bibliotecas do Grove

Pontevedra, 10 de abril de 2024

A Xunta axuda con máis de 12.600 euros ás bibliotecas e axencias de lectura de titularidade municipal da comarca do Salnés para a promoción de actividades de dinamización da lectura.

Esta iniciativa beneficia a preto de 60 bibliotecas de titularidade municipal de 35 concellos da provincia de Pontevedra, das cales 15 están xestionadas por concellos da comarca do Salnés.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a Biblioteca Municipal do Grove, onde destacou o "imprescindible traballo que levan a cabo as bibliotecarias e que a través de todo tipo de actividades fomentan o hábito da lectura en pequenos e maiores".

Cabe destacar que a Xunta investiu, nos últimos cinco anos, máis de 100.000 euros nas bibliotecas escolares e municipais do Grove. Neste sentido, Reguera explicou que o apoio á cultura "nunca é suficiente" pero asegurou que "a administración seguirá esforzándose por colaborar coas bibliotecas de toda Galicia"  xa que son "un lugar onde a cultura se democratiza e onde todas as persoas teñen cabida, independentemente das súas inquedanzas e necesidades".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23539 {"title":"A Xunta inviste máis de 12.600 € para actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas municipais do Salnés","published_date":"2024-04-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887128\/1grove.jpeg","id":"23539"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-10/23539-xunta-inviste-mais-12-600-actividades-dinamizacion-da-lectura-nas-bibliotecas-municipais-do-salnes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.