A Xunta pon en valor o Día da poesía e o Día das Árbores nun acto no que conviven cultura e natureza

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Cultura e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal participan na Celebración da auga, a árbore e a poesía na Ínsua dos Poetas do Carballiño

O Carballiño (Ourense), 21 de marzo de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participaron hoxe no acto Celebración da auga, a árbore e a poesía na Ínsua dos Poetas do Carballiño, co gallo do Día da Poesía e o Día das Árbores.

Alumnado de numerosos centros da comarca de O Carballiño, así como o estudantado do Colexio CEIP Ben Cho Shey de Pereiro de Aguiar asistiron hoxe como convidados a este espazo cultural marcado pola natureza, a música e a poesía. No acto tamén estiveron os colexios Nosa Señora de Xuvencos de Boborás, Calvo Sotelo, CEIP Beariz, CEIP Maside, plurilingüe Vila do Arenteiro, Sagrado Corazón do Carballiño, Virxe da Saleta de Cea, e dos institutos nº1 e Chamoso Lamas do Carballiño.

O director xeral de Cultura, tras poñer en valor a actuación que realizaron os participantes neste acto onde, fixo entrega de libros para conmemorar esta efeméride. Tamén quixo recordar a aposta do Goberno galego pola cultura a través do Plan Xeración Cultura, co que se busca ampliar a proxección da cultura, con citas como a celebrada hoxe na Ínsua dos Poetas.  

Pola súa banda, o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, remarcou o compromiso da Xunta coa celebración desta efeméride ao longo de toda Galicia -entregando, como no caso deste acto, plantas de frondosas autóctonas procedentes dos viveiros xestionados pola Xunta-, destacando a importancia de concienciar á sociedade e de xestionar adecuadamente os bosques para asegurar a súa conservación, protección e uso sostible. 

Neste sentido, salientou os froitos dos traballos realizados polo Goberno galego a prol da ordenación do monte galego -xa son máis de 550.000 hectáreas ordenadas, superando nun 45% o obxectivo marcado no Plan Forestal de Galicia-, unha labor estratéxica que favorece o aproveitamento socioeconómico deste recurso e a prevención dos incendios forestais. Ademais, Chan celebrou o espazo cultural e forestal da Ínsua dos Poetas, e destacou a importancia de seguir colaborando na súa posta en valor. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23186 {"title":"A Xunta pon en valor o Día da poesía e o Día das Árbores nun acto no que conviven cultura e natureza","published_date":"2024-03-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773447\/20240321NPDiadaPoesia_1.jpg","id":"23186"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-21/23186-xunta-pon-valor-dia-da-poesia-e-dia-das-arbores-nun-acto-conviven-cultura-e-natureza https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.