A Xunta inicia os trámites para implantar un ciclo de espeleoloxía no IES San Rosendo de Mondoñedo en colaboración coa federación galega desta disciplina

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A intención é poñelo en marcha, na modalidade dual, o curso que vén aproveitando as instalacións da Federación e do Concello de Mondoñedo

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, e o presidente da Federación Galega de Espeleoloxía, Gonzalo Villarmea, reuníronse para abordar a posta en marcha dun ciclo nesta materia. Tal e como explica o representante do Goberno galego, neste momento existe o título de técnico deportivo en Espeleoloxía, sen implantación en Galicia. 

O departamento educativo da Xunta de Galicia está a iniciar os trámites para intentar poñer en marcha este ciclo no curso 2024/25. Faríase na modalidade dual en colaboración coa Federación Galega de Espeleoloxía, aproveitando tanto as instalacións desta entidade, con sede en Mondoñedo, como as do Concello mindoniense.

"Estamos comezando xa a traballar nestes trámites e nos da elaboración do currículo galego destas ensinanzas deportivas", afirma Román Rodríguez. No encontro participaron tamén a directora xeral de FP, Eugenia Pérez; o director do Instituto IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, José Carlos García Barro; o concelleiro de Cultura, Educación e Novas Tecnoloxías de Mondoñedo, Alberto García Fernández, e a vicepresidenta da Federación Galega de Espeleoloxía, Noa Loira.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23357 {"title":"A Xunta inicia os trámites para implantar un ciclo de espeleoloxía no IES San Rosendo de Mondoñedo en colaboración coa federación galega desta disciplina","published_date":"2024-04-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773483\/20240401ReunionFederacionGalegaEspeleoloxia.jpeg","id":"23357"} galicia C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-02/23357-xunta-inicia-os-tramites-implantar-ciclo-espeleoloxia-ies-san-rosendo-mondonedo-colaboracion-coa-federacion-galega-desta-disciplina https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.