Todas las noticias de c. de promoción do emprego e igualdade; en Galicia en los últimos 30 días
59 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Viernes 12 Abril 2024
A Xunta destaca o seu apoio ao emprendemento de base tecnolóxica na clausura dun encontro internacional de xoves emprendedores na USC
- O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou na clausura e entrega de premios do encontro EIJE 2024
- Lembrou que a Xunta mantén aberta ata o 30 de setembro unha nova convocatoria de apoios para financiar os primeiros gastos nas iniciativas de base tecnolóxica, as contratacións indefinidas, a conciliación e a función de xerencia
- A Xunta está a impulsar o espírito emprendedor entre investigadores e titulados universitarios para favorecer que o seu esforzo desemboque na creación de empresas
Rueda defende o compromiso e responsabilidade do sector empresarial galego na procura do ben común e do progreso de Galicia
- Garante que a Xunta traballará "cóbado con cóbado" cos empresarios para facilitar proxectos que "movan a economía"
- Salienta a colaboración público-privada a través de alianzas "pioneiras" coas que augura que se van facer "grandes cousas" na Comunidade nos vindeiros catro anos
Jueves 11 Abril 2024
A Xunta pon de relevo o emprendemento xuvenil como chave na dinamización da economía polo impacto social e sustentable dos seus proxectos
- A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou na inauguración do 10º Encontro internacional de xoves emprendedores EIJE 2024 organizado pola Universidade de Santiago de Compostela
- Situou a Rede de polos de emprendemento como mecanismo para captar talento mozo e xerar prácticas sustentables nas contornas rurais
A Xunta inicia o seu VI Plan de formación para o persoal dos centros de atención a mulleres e vítimas de violencia de xénero de Galicia
- Trátase do primeiro plan que se vai desenvolver en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP) co gallo de dar unha mellor resposta ás demandas das persoas traballadoras dos Centros de Información á Muller (CIM)
- O persoal interesado en participar nos cursos que se ofrecen terá de prazo para formalizar a súa matrícula ata as 14:00 horas do 17 de abril, cumprimentando o formulario de matrícula telemática dispoñible na web da EGAP
Miércoles 10 Abril 2024
A Xunta estudará a colaboración de emprendedores sénior coa Rede autonómica de polos para reforzar o asesoramento que presta da man de expertos
- O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, clausurou o acto do 30 aniversario de Secot-Galicia, unha entidade que ofrece asesoramento ás persoas emprendedoras a través do voluntariado sénior
- Puxo en valor a Rede que está composta por 13 centros activos coa previsión de acadar en breve os 15 espallados por todo o territorio galego, prestando asesoramento experto a novas persoas emprendedoras ou para garantir a remuda xeracional
- Desde a posta en marcha da iniciativa en xullo de 2022, téñense atendido arredor de 1.600 proxectos en toda a Comunidade, preto de 400 na provincia de Pontevedra
Martes 9 Abril 2024
Rivo visita o Galicia Fórum Gastronómico para pór en valor a calidade dos produtos e servizos da economía social da comunidade
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, percorreu o recinto feiral no que diferentes departamentos da Xunta contan con expositores para dar a coñecer a excelencia da gastronomía galega e o bo facer dos produtores
A Xunta inviste medio millón de euros para apoiar o inicio da actividade de empresas de base tecnolóxica e a xeración de emprego cualificado
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova convocatoria destes apoios que inclúen achegas para os gastos do primeiro ano, as contratacións indefinidas, a conciliación e a función de xerencia
- Por cada contratación indefinida no primeiro ano poderá recibirse un mínimo de 6.000 euros que se verán ampliados este ano a 8.000 no caso de que se incorporen desempregados menores de 30 anos, mulleres ou emigrantes retornados
- As persoas beneficiarias poden optar a 3.000 euros para contratar servizos de coidado de menores e maiores e de ata 10.000 para formación en toma de decisións e/ou contratación de análises ou estudos externos para a mellora da actividade
Lunes 8 Abril 2024
A Xunta celebra o remate de novas formacións en Ourense en colaboración con Cáritas no marco do proxecto pioneiro de arraigamento para persoas migrantes en situación irregular
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no acto de entrega dos diplomas acreditativos, onde se puxo de relevo que a meirande parte das persoas participantes xa están traballando ou con proposta para facelo
- Puxo en valor a iniciativa, á que ademais de Cáritas Federadas en Galicia tamén se sumou a Federación de Escolas Familiares Agrarias (EFA) e Cáritas Diocesana de Lugo, e coa que se prevé beneficiar inicialmente arredor dun cento de persoas migrantes
- As formacións que veñen de concluír centráronse nos sectores da atención sociosanitaria, forestal, da beleza, da hostalaría, da mecánica, da construción e da limpeza para dar resposta a parte das 12.000 vacantes existentes no mercado laboral
Domingo 7 Abril 2024
A Xunta forma o persoal técnico dos Polos de emprendemento e as empresas asesoradas na rede en Responsabilidade Social Empresarial
- Esta semana tivo lugar unha primeira xornada informativa para que os técnicos poidan promover que os negocios que atenden se desenvolvan tendo en conta de xeito equilibrado ás variables económicas, ambientais, sociais e de bo goberno
- Entre outras cuestións, tratouse o programa Responsabilízate impulsado polo Goberno galego, que está xa na súa cuarta edición e que ten como reto principal impulsar a sustentabilidade e competitividade nas empresas galegas
- A acción ten lugar no marco da Estratexia Galega de RSE 2023-2025, que persegue unha sociedade máis igualitaria e integradora, que consiga reducir as desigualdades e mellorar a calidade de vida e a conservación da contorna
Sábado 6 Abril 2024
Rivo visita a exposición sobre o Rexemento Zamora 8 no 80 aniversario da súa chegada a Ourense
Ourense, 6 de abril de 2024 A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou hoxe a exposición Regimiento Zamora 8. Militares en Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Con motivo do acto, Rivo puido asistir a unha recreación histórica no exterior do antigo Cuartel de San Francisco e facer un percorrido polas dependencias que ocupou o Rexemento. A mostra rende homenaxe a esta unidade militar no oitent...
Viernes 5 Abril 2024
A colaboración da Xunta co clúster do naval permitiu en dous anos a formación de 1.195 persoas cun investimento de máis de 510.000€
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou hoxe Galventus Servizos Eólicos en Cambados, onde se están a impartir cursos de formación para traballar na reparación e mantemento de pas eólicas
- Amosou o compromiso da Xunta para consolidar a cooperación cos clústeres en materia de formación con 4,4 millóns de euros presupostados para 2024
- Destacou tamén a importancia da vixilancia da seguridade e saúde laboral lembrando que a Administración autonómica desenvolve controis en coordinación coa Inspección de traballo para garantir que se respectan os dereitos das persoas traballadoras
Miércoles 3 Abril 2024
Rivo pon de relevo os múltiples apoios da Xunta para impulsar o emprendemento e o emprego co gallo de afianzar o crecemento económico de Galicia
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no encontro que mantivo esta tarde en Santiago o presidente da patronal española, Antonio Garamendi, co Consello Asesor e organizacións Integradas na patronal galega
- Destacou medidas como a cota cero para novas altas de autónomos, incentivos á contratación e axudas á formación para o emprego ou para a economía social, así como a Rede de polos de emprendemento que ten xa trece centros activos
Rivo sinala a aposta da Xunta polo emprego inclusivo porque abre as portas ao benestar e xera autonomía
Ourense, 3 de abril de 2024 A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na inauguración da tenda Moda Re de Ourense, un proxecto de economía social xestionado por Cáritas que aposta polo emprego inclusivo, o coidado das persoas máis vulnerables e o fomento do consumo responsable co coidado do medio ambiente. Son espazos solidarios enfocados a crear oportunidades laborais para as persoas en risco de exclusi...
Rivo fai fincapé en que a Xunta está vixiante para garantir o cumprimento da prevención de riscos laborais en Galicia
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, protagoniza un vídeo que se vén de difundir nas redes sociais para concienciar ás empresas galegas da necesidade de garantir a seguridade e saúde no traballo
- Con ese propósito, continuarán os controis en coordinación coa Inspección de traballo para garantir que se respectan os dereitos das persoas traballadoras e avanzar no seu benestar laboral
- As sancións económicas ás empresas en materia de seguridade e saúde laboral van dos 45 euros das máis leves aos preto de 1 M€ aos que poden chegar as moi graves
- A Xunta ten en vigor a Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, que afronta os riscos ante a transformación do mercado laboral e senta as bases para crear contornas de traballo seguras, saudables e sustentables
Martes 2 Abril 2024
Rivo incide na necesidade de rachar cos prexuízos de xénero na elección e no exercicio dunha profesión
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou hoxe en Lugo nunha nova xornada de Emprego sen etiquetas, organizada pola Xunta, para impulsar a presenza feminina en sectores económicos onde tradicionalmente predominan os homes
- Puxo en valor o plan pioneiro que con 2,25 millóns de euros buscará en 2024 aumentar o emprego feminino en sectores masculinizados
- A campaña 'Ti elixes', tamén da Xunta, está a traballar no ámbito educativo para que a xente nova medre sen prexuízos e rachando estereotipos de xénero
A Xunta pon de relevo en Vigo as axudas a disposición de persoas traballadoras autónomas e pemes
- O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora do Igape, Covadonga Toca, participaron nunha nova xornada organizada pola Asociación de Autónom@s e Pequenas Empresas de Galicia
- Fernández fixo fincapé na cota cero dispoñible para novas altas de autónomos durante os primeiros doce meses -entre outros apoios con prazo de solicitude aberto-, así como na Rede de polos de emprendemento e no Plan de remuda xeracional
- A directora do Igape destacou a liña de préstamos destinada a autónomos e pemes para acceder a financiamento nas condicións máis vantaxosas que porá en circulación 80 M€ nun millar de operacións para investimentos, circulante, ou refinanciamento de débedas
A Xunta presenta ao Goberno de Aragón a ferramenta EMI dispoñible xa en todas as oficinas de emprego para sincronizar oferta e demanda con intelixencia artificial
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, amosoulle á vicepresidenta segunda e consejera de Economía, Empleo e Industria do Goberno de Aragón, Mar Vaquero, como funciona este software
- Sinalou que dota ao Servizo Público de Emprego de Galicia dos recursos necesarios para que as persoas que recorren a el poidan consolidar a súa traxectoria profesional, ao tempo que as empresas conseguen localizar o mellor talento
- O Goberno galego investirá 8,5 millóns de euros neste 2024 para avanzar na modernización do Servizo, co obxectivo de acadar un mercado laboral de calidade
O desemprego volve situarse en Galicia por debaixo das 130.000 persoas no mellor marzo da serie histórica
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, destacou a baixada anual do paro en todas as provincias, as sete cidades e en todos os sectores
- A cifra de menores de 30 e de mulleres en desemprego é a máis baixa nun marzo desde que se rexistran os datos
- Galicia situouse como cuarta comunidade con maior baixa anual do desemprego en marzo tanto en termos porcentuais como en número de persoas
- As afiliacións mantéñense por riba do millón de persoas e anotan o mellor dato para un marzo desde 2008
- A Xunta está a investir este ano 8,5 millóns de euros na modernización do Servizo de Emprego para ofrecer ao mercado laboral os perfís que precisa
Lunes 1 Abril 2024
A Xunta presenta ao Goberno de Aragón a súa estratexia a prol do emprendemento e da xeración de riqueza e emprego mediante a Rede de polos
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou o Polo de emprendemento de Baños de Molgas coa vicepresidenta segunda e consejera de Economía, Empleo e Industria aragonesa, Mar Vaquero
- Destacou que a Rede está composta por 13 centros activos coa previsión de acadar en breve os 15 espallados por todo o territorio galego, prestando asesoramento a novas persoas emprendedoras ou para garantir a remuda xeracional
- Desde a posta en marcha da iniciativa en xullo de 2022, téñense atendido arredor de 1.500 proxectos en toda a Comunidade, máis de 300 deles na provincia de Ourense
Domingo 31 Marzo 2024
A Xunta leva a Lugo a xornada "Emprego sen etiquetas" para impulsar a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados
- A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade organiza un encontro no Fórum Ceao no que porá de relevo o plan pioneiro que con 2,25 M€ buscará en 2024 aumentar o emprego feminino en eidos laborais onde predominan os homes
Sábado 30 Marzo 2024
A economía social dará a coñecer os seus produtos e servizos da man da Xunta no Fórum Gastronómico
- Empresas do sector cárnico, lácteo, vitivinícola, hortofrutícola e doutras actividades agroalimentarias exporán o seu xénero nun espazo propio que leva ao recinto Expocoruña a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Jueves 28 Marzo 2024
A Xunta de Galicia reforza a colaboración coas asociacións do traballo autónomo en materia de seguridade e saúde laboral
- A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade presentou na última Mesa do Emprego Autónomo as iniciativas específicas para o colectivo coas que quere reducir a sinistralidade na construción ou nos traballos forestais
- A Estratexia Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia prevé o impulso de actuacións en materia preventiva entre os profesionais por conta propia como liña de actuación
Miércoles 27 Marzo 2024
Rivo destaca as iniciativas de conciliación promovidas pola Xunta en período non lectivo na súa visita ao programa de lecer de Semana Santa da Guarda
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou o CEIP A Sangriña, onde un total de 31 rapazas e rapaces de entre 3 e 10 anos participan na actividade Concilia Semana Santa activada polo municipio con apoio autonómico
- A iniciativa forma parte da colaboración que a Xunta mantén cos concellos no marco das accións do Plan Corresponsables coas que busca apoiar ás familias, avanzar na corresponsabilidade, xerar emprego e dinamizar o rural
Martes 26 Marzo 2024
A Xunta celebra a posta en marcha da nova oficina de emprego de Cangas para seguir casando oferta e demanda na procura dun mercado laboral de calidade
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, destacou que -con case 1,2 M€ de investimento- a nova infraestrutura permitirá dar resposta ás necesidades dos concellos de Cangas, Moaña e Bueu aos que presta servizo
- Con case 900 metros cadrados de superficie, a nova oficina alberga o servizo público de emprego estatal e o galego, que o ano pasado atendeu máis de 15.600 citas da comarca do Morrazo
- A Xunta destina este ano 8,5 millóns de euros á modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia, con novas infraestruturas, o reforzo da orientación laboral e prospección empresarial e a consolidación da ferramenta EMi de intelixencia artificial
Lunes 25 Marzo 2024
Rivo salienta a importancia do Polo de Coristanco para xerar emprendemento e fixar poboación no rural
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou a oficina coa que se está a impulsar o emprendemento na comarca e a súa contorna
- Destacou a aposta do Goberno galego polo emprendemento a través da Rede de polos que xa conta con 13 centros, sinalando o asesoramento específico que presta no caso de proxectos de remuda
- O Polo de Coristanco atendeu desde a súa posta en marcha 166 iniciativas empresariais, das que preto dun 20 % son de remuda
Domingo 24 Marzo 2024
Últimos días para que persoas desempregadas soliciten participar nunha nova lanzadeira de emprego na Coruña e orientar de xeito gratuíto a súa demanda
- 'Lanzadeira de emprego nómada' é un programa en liña que se pon en marcha na Coruña o próximo abril e ten o prazo de solicitude vixente ata o 29 de marzo
- Enmárcase na colaboración que a Xunta mantén coa Fundación Santa María La Real na posta en marcha dos hubs de activación de emprego cos que quere mellorar as oportunidades laborais de 200 persoas vulnerables en Galicia
Últimos días para que persoas desempregadas soliciten participar nunha nova lanzadeira de emprego na Coruña e orientar de xeito gratuíto a súa demanda
- 'Lanzadeira de emprego nómada' é un programa en liña que se pon en marcha na Coruña o próximo abril e ten o prazo de solicitude vixente ata o 29 de marzo
- Enmárcase na colaboración que a Xunta mantén coa Fundación Santa María La Real na posta en marcha dos hubs de activación de emprego cos que quere mellorar as oportunidades laborais de 200 persoas vulnerables en Galicia
Sábado 23 Marzo 2024
Rivo pon en valor as persoas e entidades galardoadas cos Premios Mulleres Femupo 2024 polo seu labor a prol da igualdade na provincia de Pontevedra
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no acto de entrega dos catro galardóns que concedeu a Federación pola igualdade das mulleres da provincia de Pontevedra polo seu labor en distintos ámbitos
- Recordou o convenio asinado esta mesma semana con Femupo para seguir desenvolvendo accións de formación e apoio encamiñadas ao recoñecemento da experiencia laboral no eido dos coidados de menores de ata 16 anos
- Lembrou tamén a colaboración que se renovará para continuar con accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e de apoio ás súas vítimas
Viernes 22 Marzo 2024
Rivo destaca a formación como chave para o acceso ao emprego no peche na Laracha dunha acción que formou 15 persoas desempregadas en atención a dependentes
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións participou na entrega de diplomas desta iniciativa que ofreceu 468 horas de formación
- Os participantes fixeron prácticas en centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en Arteixo, Cerceda, Carballo e A Laracha
- Rivo visitou tamén o Programa Integrado de Emprego estreado o pasado novembro na Laracha, dirixido a 100 persoas desempregadas
- O novo Plan Galego de Formación para o Emprego 2024 está dotado con máis de 117M€, un 13% máis que no exercicio anterior para impulsar a formación dual e flexible
A Xunta salienta que ou 62 % dous 160 proxectos atendidos non Polo de emprendemento do Porriño están impulsados por mulleres
- O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no evento 'Xestión financeira para persoas emprendedoras' organizado desde o Polo porriñés
- O acto busca fomentar a reflexión e o debate sobre as estratexias financeiras máis axeitadas para facer crecer as empresas, coñecendo prácticas innovadoras e efectivas
Jueves 21 Marzo 2024
A Xunta e o Clúster de Turismo visibilizan as novas alternativas de emprendemento neste sector para xerar oportunidades de negocio innovadoras
- O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada Innovación emprendedora no sector turístico organizada polo Polo de Melide en colaboración co Clúster
- O representante autonómico destacou a aposta do Goberno galego polo emprendemento a través da Rede de polos que xa conta con 13 centros, sinalando o asesoramento específico que presta no caso de proxectos de remuda
- A oficina de Melide atendeu desde a súa posta en marcha 55 proxectos promovidos por 52 persoas emprendedoras (preto do 60% mulleres)
Xunta e Federacións de Mulleres Rurais de Galicia asinan os convenios para facilitar a acreditación da experiencia laboral no coidado de menores de 16 anos
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, firmou hoxe os documentos de colaboración con Femuro, Fademur, Femupo e Afammer Lugo, unha actuación á que se destinan 400.000 euros
- Destacou que "tras moita insistencia" o Estado finalmente comprometeuse a recoñecer a experiencia profesional neste eido, o que permitirá xerar emprego nun sector con forte demanda
- Coa experiencia profesional recoñecida, estas mulleres poderán acceder aos postos de traballo dos servizos de coidado profesional que se habiliten a través do Plan Corresponsables
- Rivo animou ás mulleres rurais a traballar como autónomas ou a crear cooperativas no sector dos coidados de menores para facer fronte ao reto demográfico e que a conciliación non sexa un problema á hora de atopar un emprego
Aberto ata o 29 de marzo o prazo de inscrición para que persoas desempregadas participen en Santiago de Compostela nun programa de activación laboral
- A Xunta colabora coa Fundación Santa María La Real na posta en marcha dun proxecto para mellorar as oportunidades de emprego de 200 persoas vulnerables en Galicia
- A iniciativa 'Hubs de activación para o emprego' desenvolverase no Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago
- Entre as destinatarias da iniciativa figuran mulleres vítimas da violencia de xénero, parados de longa duración, con baixa cualificación ou integrantes de fogares monoparentais ou con todos os seus membros sen emprego
Miércoles 20 Marzo 2024
A Xunta apoiou a formación para o emprego de máis de 94.000 persoas nos dous últimos anos cun investimento que superou os 223 millóns de euros
- A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, interveu hoxe en Oleiros na inauguración da Feira de Emprego Young Talent
- O Goberno galego está a casar oferta con demanda laboral deseñando programas de formación en colaboración co tecido produtivo para facer fronte ás vacantes que existen no mercado de traballo
A Xunta lembra que está aberto o prazo para presentar candidaturas aos premios Eduemprende a prol do espírito emprendedor entre o alumnado
- A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na Coruña na entrega da XVI edición dos 'Premios Formación para emprender' organizados polo Concello herculino
- Alí dixo que o alumnado de formación profesional, ensinanzas deportivas, artes plásticas e deseño da nosa Comunidade poderán presentar solicitudes aos Premios Eduemprende que convoca o Goberno galego ata o 31 de maio deste ano
- Puxo en valor os case medio milleiro de proxectos atendidos nos Polos de emprendemento da provincia da Coruña, o 61% deles impulsados por mulleres
- Tamén as axudas a disposición de emprendedores e persoas autónomas, como a cota cero para novas altas durante os doce primeiros meses de actividade
Rivo compromete traballo inxente contra a violencia de xénero na entrega dos IV Premios Valedora do Pobo en materia de igualdade e dereitos das mulleres
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, tivo unha lembranza na súa intervención para Andrea, última vítima da violencia machista, sinalando que o Goberno galego non cesará no seu empeño ata erradicar esta lacra
- Recoñecendo as propostas galardoadas polo seu labor, precisamente, para avanzar na loita contra a violencia fronte ás mulleres confiou en que as novas xeracións son claves para incidir na prevención desde idades temperás
- A Xunta vén mantendo un traballo conxunto coas tres universidades públicas galegas -colaboradoras coa Valedora do Pobo nestes premios- para desenvolver accións enmarcadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
A Xunta pon en valor a súa aposta polo emprendemento e pola economía social para a xeración de riqueza e emprego pegados ao territorio
- O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou en Cambados na xornada 'Descubrindo o emprendemento en economía social' organizada no marco da Rede Eusumo
- Destacou a nova Estratexia de economía social deica 2027 e que o orzamento da Xunta neste eido supera en 2024 os 43,6 M€ para avanzar na difusión deste modelo, na creación e consolidación de iniciativas e na promoción do emprego inclusivo
- Tamén se referiu á Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, con 13 centros activos na actualidade e coa previsión de abrir dous máis en breve, un deles en Vilanova de Arousa
A Xunta pon de relevo os máis de 60 proxectos atendidos no Polo de emprendemento de Mondoñedo dos que un 56% están impulsados por mulleres
- A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou no evento 'Como ter un Google Business Profile excelente' organizado desde o Polo mindoniense
- Salientou que a provincia de Lugo aglutina máis de de 350 iniciativas asesoradas pola Rede de polos, entre as que destacan as relacionadas coa hostalaría
Martes 19 Marzo 2024
A secretaria xeral da Igualdade participa no curso 'Muller e saúde' programado polo CIM de Ortigueira
- Trátase da última das iniciativas promovidas desde este Centro de Información á Muller -que forma parte da Rede de 84 CIM espallados por toda Galicia- polo Día da Muller
A Xunta lembra que este venres 22 de marzo finaliza o prazo para solicitar a realización de obradoiros duais de emprego entre 2023 e 2024 cun orzamento de 39,1m€
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no acto de Inauguración da primeira fase da reforma da praza de abastos do Porriño
- Os integrantes do obradoiro dual de emprego porriñés centrado na hostalaría que se está a desenvolver na actualidade foron os encargados das propostas culinarias que se degustaron no evento
- Este concello pontevedrés desenvolve outras iniciativas a prol da xeración de emprego e riqueza como o Polo de emprendemento que se inaugurou en novembro pasado e que xa ten atendido máis de 150 proxectos
Domingo 17 Marzo 2024
Rivo asiste aos actos na honra de San Lázaro en Ourense
Ourense, 17 de marzo de 2024 A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, asistiu esta mañá aos actos organizados na honra de San Lázaro en Ourense. Primeiramente, a representante autonómica estivo na misa celebrada na igrexa parroquial de Santo Domingo e a continuación participou na procesión ata a Conventual dos Padres Franciscanos. ...
A Xunta e a Asociación de Talleres de Reparación de vehículos de Ourense deseñarán unha campaña de asesoramento sobre seguridade e saúde no traballo
- O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) porá en marcha xunto con Atave a iniciativa que busca sensilizar e asesorar a empresas e traballadores desta actividade sobre as principais medidas de seguridade, de hixiene industrial e de prevención de riscos ergonómicos e psicosociais
- A campaña comezará en Ourense co obxectivo de estendela a toda Galicia
- Técnicos do Issga visitarán os talleres ourensáns para coñecer as súas principais demandas antes de elaborar a campaña
- Un 90% dos 350 talleres que hai na provincia están asociados a Atave polo que se prevé chegar á meirande parte deles
Sábado 16 Marzo 2024
A Xunta felicita á Cooperativa Ferrolá de Profesores de Autoescola polo seu 50º aniversario e por representar os valores da economía social
Ferrol, 16 de marzo de 2024 O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no acto de conmemoración do 50º aniversario da Cooperativa Ferrolá de Profesores de Autoescola (Cofepa), en recoñecemento do traballo desta entidade no eido da formación, que representa os valores da economía social e inspira a futuras xeracións. A Xunta de Galicia recoñeceu en 2023 nos seus Premios á...
Jueves 14 Marzo 2024
A Xunta promove o emprendemento feminino con recursos e axudas á conciliación e a iniciativas empresariais do rural
- A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou hoxe en Cambados no II 'Foro O Salnés Emprende con M', organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) da comarca do Salnés
- Referiuse ao programa Emega, que cumpre 28 anos de traxectoria, co que se aposta polo emprego feminino
- Sinalou que desde os Polos de emprendemento dáse un pulo a centos de mulleres, ao tempo que se fomenta a economía social do rural
- Puxo en valor a rede de Centros de Información á Muller (CIM) para axudar ás mulleres galegas desde diferentes ámbitos co foco posto nas vítimas de violencia machista
A Xunta reforzará con 3, 6 M€ a Rede galega de acollemento a vítimas da violencia de xénero, que contará cun novo centro para atender mulleres con adiccións
- Salienta que, deste xeito, se multiplica por catro a partida dirixida a mellorar e ampliar esta este rede pública de vivendas seguras
- Lembra que na actualidade se ofrece un total de 84 prazas nas dez casas de acollida ou vivendas tuteladas da Coruña, Ourense, Ferrol, Lugo, Vigo, Burela e Chantada, ás que se sumará un novo centro no Porriño, especializado en atender vítimas con algún trastorno aditivo
- Defende a "necesidade" deste servizo que foi empregado en 2023 por 142 mulleres e 91 menores cun 60 % de ocupación de media na anualidade
- A Rede galega de acollemento vai completarse tamén este ano con cinco centros de crise 24 horas que a Xunta abrirá en Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo
Miércoles 13 Marzo 2024
A Xunta pon de relevo o seu Plan de remuda xeracional nun acto do Polo de emprendemento do Carballiño a prol de novas incorporacións á IXP Pan de Cea
- A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou no evento 'A remuda xeracional na IXP do Pan de Cea', onde destacou que a través da Rede de polos estase a traballar para garantir o mantemento de negocios
- Sinalou que o Polo do Carballiño conta na actualidade con cinco proxectos dispoñibles para que persoas interesadas poidan retomalos tras deixalos os seus anteriores titulares, contactando a través da web da Rede ou citándose cos técnicos do centro
- En total, no Polo carballiñés lévanse atendido un cento de iniciativas das arredor de 300 rexistradas no conxunto da provincia de Ourense, que conta xa con catro Polos de emprendemento en funcionamento
Rivo pon de relevo medidas da Xunta de apoio ás persoas traballadoras autónomas como a Estratexia Horizonte 2027 ou o programa de remuda xeracional
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou hoxe no seminario Acuerdos de interés profesional en las actividades profesionales AAFF 203 sobre os novos retos aos que se enfrontan os traballadores por conta propia
- Galicia é a primeira comunidade en volume de autónomos -cun 20% do seu total de afiliados- e a segunda con maior peso das mulleres autónomas, con case un 41% dentro do conxunto galego
Martes 12 Marzo 2024
Rivo avoga por un tecido empresarial responsable para captar e reter talento e para forxar unha sociedade máis igualitaria
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na presentación da cuarta edición do programa Responsabilízate en Ourense e no encontro sobre sustentabilidade e competitividade na empresa
- Referiuse á importancia do benestar laboral no que incide a nova Lei de igualdade da Xunta e á Estratexia RSE, que quintuplica o seu orzamento, para avanzar, entre outros, na consecución da igualdade laboral
Sábado 9 Marzo 2024
A Xunta subliña o recoñecemento da discriminación múltiple e a igualdade de trato das mulleres con discapacidade no encontro da muller xorda
Lugo, 9 de marzo de 2024 A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou na apertura do XVI Encontro da muller xorda de Galicia, organizada pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), co apoio da Xunta de Galicia, onde subliñou a importancia de encontros deste tipo para visibilizar as necesidades do colectivo e impulsar a súa participación. A nova Lei de igualdade, xa aprobada, desenvolverase na prese...
Rivo destaca a colaboración da Xunta cos municipios para avanzar nunha sociedade máis igualitaria
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou na 'Cea da muller' organizada polo Concello de Mos no marco dos actos do 8 de marzo
A Xunta pon en valor o papel da muller na conserva e no conxunto da industria galega para situala como referente en España e no mundo
- Os conselleiros en funcións de Promoción do Emprego e Igualdade e do Mar, Elena Rivo e Alfonso Villares, participaron na sede de Nauterra en Carballo nunha homenaxe ao talento feminino nas conserveiras acompañados da xornalista Sonsoles Ónega
- Tras a celebración onte do Día da Muller, Rivo quixo recoñecer o labor das que co seu enxeño e dedicación lograron facerse un nome nun mundo noutrora de homes, tomando decisións determinantes para as súas empresas
- Alfonso Villares considerou esencial o labor das mulleres na cadea mar-industria, instou romper calquera teito de cristal ou formigón que podan atopar na actualidade e sinalou que o mundo do mar se escribe hoxe máis en feminino ca nunca
Viernes 8 Marzo 2024
A Xunta pon en valor neste Día da muller a relevancia do deporte no impulso da igualdade e a loita contra a violencia de xénero
- A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou nunha mesa redonda organizada polo Concello de Sanxenxo sobre deporte feminino co gallo do 8-M
- Destacou o impulso que a Xunta está a dar ao deporte feminino a través do plan de patrocinios de equipos de alta competición femininos que se revalidará este ano
- Puxo en valor iniciativas de conciliación vencelladas co deporte, que está a promover a Administración autonómica a través do Plan Corresponsables e nas que está a participar un 44% de nenas menores de 16 anos
Domingo 28 Enero 2024
Rivo participa en el Domingo Oleiro de Xinzo da Limia
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na festividade do Domingo Oleiro en Xinzo de Limia, unha tradición que consiste desde hai décadas na rotura de olas na Praza Maior e unha das máis importantes do Entroido na localidade. ...
Sábado 27 Enero 2024
Rivo asiste al partido entre el Club Voleibol Ourense Senior y el Arona Tenerife Sur en el marco de la Superliga Femenina 2
Ourense, 27 de xaneiro de 2024 A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, asistiu esta tarde ao partido entre o Club Voleibol Ourense Senior e o Arona Tenerife Sur no marco da Superliga feminina 2, que se celebrou no polideportivo ourensán O Pompeo. A conselleira mostrou así o seu apoio ao deporte feminino como vía para acadar a igualdade efectiva entre mulleres e homes, que debe estenderse a todos os ámbitos da vida, el...
Miércoles 27 Diciembre 2023
La Xunta inicia el programa 'Lideramos' con 150 participantes en toda Galicia para impulsar el talento femenino y la formación en gestión de equipos
- O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou en Pontevedra no arranque deste programa, no marco do que se organizarán obradoiros e clases maxistrais, así como sesións de networking ou titorizacións individualizadas
- Trátase dun proxecto encamiñado á redución da fenda de xénero nos postos directivos das empresas, tendo en conta que Galicia xa se sitúa como unha das tres primeiras comunidades de España onde as mulleres ocupan máis estes postos
Martes 12 Diciembre 2023
Rivo presenta el IV programa Responsabilízate de la Xunta para sumar empresas responsables y contribuir al progreso de Galicia por el camino de la sostenibilidad
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na clausura de presentación desta iniciativa coa que a Xunta apoia ás pemes a implantar a Responsabilidade Social Empresarial na súa xestión
- Nesta nova edición participan pemes de diferentes sectores: desde a hostalaría e o turismo ata a biotecnoloxía e a arquitectura
- Rivo sinala que as empresas responsables son o futuro e que Galicia traballa para seguir a situarse na vangarda da promoción da Responsabilidade Social Empresarial
- A nova Estratexia de RSE da Xunta inclúe 25 accións para apoiar ás pemes a transformar os seus modelos de negocio para acadar máis oportunidades na economía que vén
Lunes 11 Diciembre 2023
La Xunta celebra que en el Informe de la economía social 2022 la creación de cooperativas bata récords y Galicia sea la 3ª comunidad en constitución de sociedades laborales
- A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto de presentación do estudo elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos da Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Goberno autonómico
- En 2022 creáronse en Galicia 142 cooperativas con 542 socias e socios promotores, 24 sociedades laborais con 58 socias e socios e 7 centros especiais de emprego
- A conselleira destacou o firme compromiso con este modelo que antepón as persoas aos beneficios económicos, cunha nova Estratexia e cunha nova Lei de cooperativas, así como incrementando nun 3% o orzamento ao efecto para 2024
Sábado 25 Noviembre 2023
Declaración institucional 25-N: Día internacional para la eliminación de la violencia contra la mujer
A violencia contra ás mulleres é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual. Todos os poderes públicos temos o deber de adoptar as medidas necesarias para facer estes dereitos reais e efectivos. Como cada 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller. Dita data foi instaurada por primeira vez pola Organización de Nacións Unidas ...
Lunes 3 Julio 2023
La delegada de la Xunta recibe a la directiva de la Asociación de autónomos y pequeñas empresas de Galicia
Vigo, 3 de xullo de 2023 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo e presidenta do Consorico Casco Vello, Ana Ortiz, mantivo este luns unha xuntanza de traballo con José Ramón Caldas, presidente da Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia), e con Sonia Acuña, secretaria do colectivo. ...
2 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.