Rivo salienta a importancia do Polo de Coristanco para xerar emprendemento e fixar poboación no rural

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou a oficina coa que se está a impulsar o emprendemento na comarca e a súa contorna
  • Destacou a aposta do Goberno galego polo emprendemento a través da Rede de polos que xa conta con 13 centros, sinalando o asesoramento específico que presta no caso de proxectos de remuda
  • O Polo de Coristanco atendeu desde a súa posta en marcha 166 iniciativas empresariais, das que preto dun 20 % son de remuda

Coristanco (A Coruña), 25 de marzo de 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, desenvolveu unha visita ao Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Coristanco que forma parte da Rede coa que a Xunta está a prestar asesoramento individualizado e gratuíto aos proxectos empresariais en calquera fase en que se atopen.

Rivo, ademais do polo, visitou un centro educativo que xestiona a Fundación EFA Fonteboa Coristanco, a entidade sen ánimo de lucro que tamén se encarga da xestión do polo e que ten como obxectivo principal dinamizar o rural a través da educación.

A conselleira no encontro sinalou a importante aposta da Xunta polo emprendemento a través dos polos que xa contan con 13 oficinas. O de Coristanco leva realizadas 860 titorías e asesorado 166 proxectos desde a súa posta en marcha, dos que un 56% están impulsados por mulleres. En canto ás idades das persoas emprendedoras, o 58 % atópase nunha franxa de entre 35 e 52 anos. Por sectores, os proxectos pertencen aos servizos nun 18%, seguido da agricultura, gandería, silvicultura e pesca (17 %) e hostalería (15 %).

Rivo tamén salientou o obxectivo principal da Rede de polos que é o de xerar riqueza, dinamizar a economía e fixar poboación especialmente no rural. Entre as novas funcionalidades, a Rede está a dar apoio a través dun Plan de remuda xeracional para garantir o mantemento dos negocios, poñendo en contacto persoas interesadas en vender ou alugar as súas empresas con outras dispostas a facerse cargo. No Polo de Coristanco un 17% dos proxectos que recibiron asesoramento son de remuda.

Á web activa da Xunta, https://polosemprendemento.gal/remuda-de-negocios, poden acceder as persoas que precisen traspasar a súa empresa e as que desexen coller as rendas dun negocio en traspaso. O obxectivo, en palabras de Rivo, é facilitar a continuidade de empresas en Galicia e, polo tanto, o progreso e futuro da Comunidade galega.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23239 {"title":"Rivo salienta a importancia do Polo de Coristanco para xerar emprendemento e fixar poboación no rural","published_date":"2024-03-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773459\/20240325+RivoCoristanco1.jpg","id":"23239"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-25/23239-rivo-salienta-importancia-do-polo-coristanco-xerar-emprendemento-e-fixar-poboacion-rural https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.