A Xunta celebra a posta en marcha da nova oficina de emprego de Cangas para seguir casando oferta e demanda na procura dun mercado laboral de calidade

  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, destacou que -con case 1,2 M€ de investimento- a nova infraestrutura permitirá dar resposta ás necesidades dos concellos de Cangas, Moaña e Bueu aos que presta servizo
  •  Con case 900 metros cadrados de superficie, a nova oficina alberga o servizo público de emprego estatal e o galego, que o ano pasado atendeu máis de 15.600 citas da comarca do Morrazo
  •  A Xunta destina este ano 8,5 millóns de euros á modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia, con novas infraestruturas, o reforzo da orientación laboral e prospección empresarial e a consolidación da ferramenta EMi  de intelixencia artificial

Cangas (Pontevedra), 26 de marzo de 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou hoxe a nova oficina de emprego de Cangas, que cualificou dunha infraestrutura primordial na procura dun mercado laboral de calidade onde casar oferta e demanda, obxectivo principal do Goberno autonómico. Con case 1,2 millóns de euros de investimento, as novas instalacións permitirán dar continuidade ao traballo que, desde a Xunta de Galicia, supuxo atender o ano pasado máis de 15.600 citas da comarca do Morrazo. 

A oficina que dará servizo aos concellos de Cangas, Moaña e Bueu conta cunha superficie de case 900 m² e alberga os dous servizos públicos de emprego: o galego e o estatal. Proporcionando máis espazo tanto para as persoas usuarias como para as traballadoras, a infraestrutura dispón dun posto de información, dun sistema intelixente de control de espera, dunha distribución do persoal orientada a servizos, de espazos de usos múltiples con equipamentos multimedia, de arquivo e de sala técnica de informática, entre outros espazos. 

O obxectivo é facer que esta oficina se converta nun punto de referencia para o emprego na comarca do Morrazo, no marco da modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia que neste 2024 suporá un investimento por parte da Xunta de 8,5 millóns de euros. 

Á renovación de oficinas coma esta -con investimento en equipamento, obras e novas infraestruturas-, súmase o reforzo do servizo de orientación laboral e prospección empresarial e a consolidación da ferramenta EMi que sincroniza oferta e demanda en tempo real grazas á intelixencia artificial e á analítica avanzada, co gallo de conseguir dar resposta ás 12.000 vacantes laborais existentes en Galicia. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23258 {"title":"A Xunta celebra a posta en marcha da nova oficina de emprego de Cangas para seguir casando oferta e demanda na procura dun mercado laboral de calidade","published_date":"2024-03-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23258"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-26/23258-xunta-celebra-posta-marcha-da-nova-oficina-emprego-cangas-seguir-casando-oferta-e-demanda-na-procura-dun-mercado-laboral-calidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.