A Xunta apoiou a formación para o emprego de máis de 94.000 persoas nos dous últimos anos cun investimento que superou os 223 millóns de euros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, interveu hoxe en Oleiros na inauguración da Feira de Emprego Young Talent
  • O Goberno galego está a casar oferta con demanda laboral deseñando programas de formación en colaboración co tecido produtivo para facer fronte ás vacantes que existen no mercado de traballo

Oleiros (A Coruña), 20 de marzo de 2024

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, interveu hoxe na apertura en Oleiros (A Coruña) da Feira de Emprego Young Talent, onde puxo en valor a importancia da formación para o emprego para axustar a oferta á demanda de traballo e dar saída ás vacantes que actualmente existen no mercado laboral, máis de 12.000.

Lado expuxo que, entre outras actuacións, a Xunta está a deseñar programas de formación en colaboración co tecido produtivo para cualificar as persoas que buscan un emprego nas actividades económicas nas que existen vacantes.

Así, entre 2022 e 2023, máis de 94.000 persoas participaron en accións formativas xestionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o que se destinaron máis de 223 millóns de euros. Ao abeiro desta oferta formativa abárcanse diferentes tipoloxías de accións, como aquelas conducentes á obtención de certificados profesionais ou outras nas que existe un compromiso de contratación por parte das empresas ou entidades que imparten a formación.

Lado, así mesmo, salientou o éxito da formación que se está a impartir a través dos convenios de colaboración que a Xunta mantén cos clústeres e entidades máis representativas dos principais sectores produtivos. Nestas accións formativas deseñadas polo propio tecido empresarial tomaron parte desde a súa implementación no ano 2022 máis de 34.500 alumnas e alumnos.

Para casar oferta con demanda, a directora xeral tamén lembrou que a Xunta está a modernizar o Servizo Público de Emprego de Galicia para que a Administración autonómica poida coñecer de primeira man e, en tempo real, as demandas de persoal que precisa o tecido produtivo e brindar novas oportunidades ás persoas que buscan traballo.

Salientou, ademais, a aposta do Goberno galego polo emprego xuvenil, recordando que en 2023 puxéronse en marcha diferentes programas para impulsar a formación e o traballo entre a mocidade con 27 millóns de euros, o que permitiu beneficiar 1.900 mozas e mozos.

Galicia acadou nos últimos meses cifras históricas á baixa de desemprego xuvenil, desde que hai rexistros (2006). A máis recente (febreiro 24): 14.669 desempregados menores de 30 anos. O número de ocupados menores de 30 aumentou, ademais, no último ano en 13.400 persoas (11,5%), fronte ao 7,1% que creceu no Estado (EPA 4º trimestre do 2023).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23160 {"title":"A Xunta apoiou a formación para o emprego de máis de 94.000 persoas nos dous últimos anos cun investimento que superou os 223 millóns de euros","published_date":"2024-03-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773444\/20240320+DXF+Young+Talent+1.jpeg","id":"23160"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-20/23160-xunta-apoiou-formacion-emprego-mais-94-000-persoas-nos-dous-ultimos-anos-cun-investimento-superou-os-223-millons-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.