Rivo pon de relevo medidas da Xunta de apoio ás persoas traballadoras autónomas como a Estratexia Horizonte 2027 ou o programa de remuda xeracional

  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou hoxe no seminario Acuerdos de interés profesional en las actividades profesionales AAFF 203 sobre os novos retos aos que se enfrontan os traballadores por conta propia
  • Galicia é a primeira comunidade en volume de autónomos -cun 20% do seu total de afiliados- e a segunda con maior peso das mulleres autónomas, con case un 41% dentro do conxunto galego

Cambados (Pontevedra), 13 de marzo de 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou hoxe no seminario Acuerdos de interés profesional en las actividades profesionales AAFF 203 sobre os novos retos aos que se enfrontan as persoas traballadoras autónomas. Alí, destacou medidas como a Axenda Impulso Autónomo Horizonte 2027 ou as múltiples axudas a disposición do colectivo, como a cota cero para novas altas ou o programa para facilitar o relevo xeracional. 

Na súa intervención, Rivo destacou que Galicia é -cun 20% do seu total de afiliados- a primeira comunidade con maior peso dos autónomos. Así mesmo, é a segunda autonomía (detrás de Asturias) con maior porcentaxe de mulleres autónomas, ao representar case un 41% do conxunto galego. Son datos que -dixo- xustifican o esforzo da Xunta de Galicia para apuntalar este piar fundamental da nosa economía, con medidas como a Estratexia que rexerá as políticas públicas de impulso ao traballo autónomo deica o próximo ano 2027.

O documento -que naceu do traballo conxunto entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e as principais entidades do colectivo representadas na Mesa do Emprego Autónomo- conta cun orzamento de máis de 360 millóns de euros para impulsar a calidade dos novos proxectos e fortalecer a súa competitividade, con medidas que se consolidan e outras novas para dar impulso ao colectivo.  

Neste segundo apartado, cómpre destacar a cota cero para novas altas durante os primeiros 12 meses de actividade. Como novidade, tamén se vén de implementar o Plan de remuda xeracional no marco da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, como fórmula de mantemento de negocios, dispoñible en centros como os habilitados no Porriño e Silleda, á espera de que se inaugure un novo Polo en Vilanova de Arousa. 

Entre as medidas a prol dos autónomos, tamén se promoverá a formación de calidade especializada e un espazo virtual de demostración de sistemas tecnolóxicos e de mercado, impulsarase un paquete de inicio do autoemprego que combinará formación, asesoramento e axudas ao investimento e incidirase na mellora da seguridade e saúde laboral, así como no benestar e na conciliación das persoas traballadoras por conta propia.

No apartado de axudas económicas, cabe destacar que no que vai de 2024 o Goberno galego xa activou 86 dos máis de 100 millóns de euros que están presupostados este ano para apoiar o emprendemento e o emprego. Dentro das dirixidas a autónomos, destacan -ademais da cota cero publicada xunto coas destinadas a apoiar os primeiros gastos de inicio dos negocios-, as concibidas para impulsar melloras en establecementos, para que poidan volver emprender tras o cesamento de actividade, para que contraten traballadores indefinidos ou as pensadas para que os que teñan persoas ao seu cargo poidan contratar a alguén que os substitúa cando o necesiten.

En definitiva, a representante autonómica amosou o seu compromiso coas persoas traballadoras autónomas polo seu papel fundamental no crecemento económico e social de Galicia. Recoñeceu que o traballo autónomo non está exento de desafíos pero engadiu que a Xunta seguirá acompañando o colectivo para superar todos e cada un deles.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22979 {"title":"Rivo pon de relevo medidas da Xunta de apoio ás persoas traballadoras autónomas como a Estratexia Horizonte 2027 ou o programa de remuda xeracional","published_date":"2024-03-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"22979"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-13/22979-rivo-pon-relevo-medidas-da-xunta-apoio-as-persoas-traballadoras-autonomas-como-estratexia-horizonte-2027-ou-programa-remuda-xeracional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.