La Xunta celebra que en el Informe de la economía social 2022 la creación de cooperativas bata récords y Galicia sea la 3ª comunidad en constitución de sociedades laborales

  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto de presentación do estudo elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos da Universidade de Santiago de Compostela co apoio do Goberno autonómico
  • En 2022 creáronse en Galicia 142 cooperativas con 542 socias e socios promotores, 24 sociedades laborais con 58 socias e socios e 7 centros especiais de emprego
  • A conselleira destacou o firme compromiso con este modelo que antepón as persoas aos beneficios económicos, cunha nova Estratexia e cunha nova Lei de cooperativas, así como incrementando nun 3% o orzamento ao efecto para 2024  

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na presentación do Informe da economía social de Galicia 2022, elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos de Galicia (Cecoop), dependente da Universidade de Santiago de Compostela (USC), co apoio da Xunta. Alí, celebrou que os datos revelen que a creación de cooperativas segue batendo récords e que somos a terceira comunidade autónoma en constitución de sociedades laborais.

En concreto, en 2022 creáronse na nosa Comunidade 142 cooperativas (a cifra máis elevada da serie histórica) con 542 socias e socios promotores, o 50% deles mulleres. Tamén 24 sociedades laborais, con 58 socias e socios (41% mulleres) e 7 centros especiais de emprego.

Para seguir co pulo a este modelo que prima os beneficios colectivos e sociais sobre a rendibilidade económica, a conselleira recordou que se veñen implemantando medidas que se reforzarán en 2024. De feito, increméntase un 3% o presuposto neste apartado chegando aos máis de 43,6 millóns de euros, co propósito de avanzar -precisamente- na creación e consolidación de iniciativas de economía social, pero tamén co de incidir na súa difusión e na promoción do emprego inclusivo.

Todo para afinazar a economía social, un modelo pegado ao territorio que representa máis do 7% do noso Produto Interior Bruto (PIB), o que se traduce nun impacto anual en Galicia duns 850 millóns de euros.

Así mesmo, Elena Rivo lembrou que a nova Estratexia da Economía Social Horizonte 2027 tamén fomentará o crecemento das empresas deste modelo e a creación de novas firmas, atendendo á diversificación de sectores. Pola súa banda, a nova Lei de cooperativas perseguirá axilizar a creación de entidades minimizando a burocracia, para continuar avanzando na cohesión social e do territorio, xerando emprego inclusivo e igualitario.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
20868 {"title":"La Xunta celebra que en el Informe de la economía social 2022 la creación de cooperativas bata récords y Galicia sea la 3ª comunidad en constitución de sociedades laborales","published_date":"2023-12-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"20868"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade,Emprego https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-12-11/20868-xunta-celebra-informe-economia-social-2022-creacion-cooperativas-bata-records-galicia-sea-3-comunidad-constitucion-sociedades-laborales https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.