A secretaria xeral da Igualdade participa no curso 'Muller e saúde' programado polo CIM de Ortigueira

  • Trátase da última das iniciativas promovidas desde este Centro de Información á Muller -que forma parte da Rede de 84 CIM espallados por toda Galicia- polo Día da Muller

Ortigueira (A Coruña), 19 de marzo de 2024

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou esta tarde no curso Muller e saúde da Escola Galega de Cidadáns para a Saúde programado polo Centro de Información á Muller (CIM) de Ortigueira. Trátase da última das iniciativas promovidas desde este centro -que forma parte da Rede de 84 CIM espallados por toda Galicia- polo Día da Muller.

Vázquez puxo en valor estes centros, que definiu como "espazos seguro e de encontro, onde as mulleres poidan acceder a información e ferramentas que permitan o seu desenvolvemento vital e loitar contra a violencia de xénero".

A programación do CIM de Ortigueira incluíu propostas culturais pero tamén formativas, como o curso sobre emprendemento e economía social a prol da igualdade no marco da Rede Eusumo que se celebrou a semana pasada. Na acción de hoxe, apóstase -entre outras- por previr enfermidades propias das mulleres, fomentando entre elas a saúde física, emocional e social.

"É un honor comprobar como o Concello de Ortigueira e o CIM en colaboración coa Escola de Saúde para cidadáns do Sergas, contemplan un Plan de Igualdade cunha área de saúde e benestar integral, para atender as particularidades de saúde física e psíquica que temos as mulleres", rematou a representantes autonómica.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23128 {"title":"A secretaria xeral da Igualdade participa no curso 'Muller e saúde' programado polo CIM de Ortigueira","published_date":"2024-03-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23128"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-19/23128-secretaria-xeral-da-igualdade-participa-curso-muller-e-saude-programado-polo-cim-ortigueira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.