A Xunta e a Asociación de Talleres de Reparación de vehículos de Ourense deseñarán unha campaña de asesoramento sobre seguridade e saúde no traballo

  •  O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) porá en marcha xunto con Atave a iniciativa que busca sensilizar e asesorar a empresas e traballadores desta actividade sobre as principais medidas de seguridade, de hixiene industrial e de prevención de riscos ergonómicos e psicosociais 
  • A campaña comezará en Ourense co obxectivo de estendela a toda Galicia
  • Técnicos do Issga visitarán os talleres ourensáns para coñecer as súas principais demandas antes de elaborar a campaña
  •  Un 90% dos 350 talleres que hai na provincia están asociados a Atave polo que se prevé chegar á meirande parte deles

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2024

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), xunto coa Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (Atave), porán en marcha unha campaña de asesoramento e sensibilización sobre os principais riscos no traballo, as medidas de seguridade e de promoción da saúde laboral.

Esta colaboración acordouse nunha reunión que esta semana mantivo a xerente do Instituto, Adela Quinzá-Torroja, co presidente de Atave, Ricardo Borrajo, na que se abordaron os aspectos desta actividade no eido da prevención de riscos laborais co obxectivo de acadar un mellor cumprimento na xestión preventiva. 

A campaña pretende asesorar e sensibilizar tamén sobre os cambios normativos e as novidades técnicas, así como sobre as novas formas de traballo derivadas da dixitalización do mercado laboral. Para deseñala, técnicos do Issga reuniranse antes con empresarios e traballadores de talleres para coñecer as súas principais preocupacións e recoller, así, as súas demandas. Os técnicos, ademais, achegarán o seu coñecemento na materia. 

A iniciativa, unha vez elaborada, difundirase a todos os talleres da provincia de Ourense. A idea é chegar a todos eles a través de Atave, xa que un 90% dos 350 talleres que hai na provincia están asociados. Ademais, a intención é estendela con posterioridade a toda Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23076 {"title":"A Xunta e a Asociación de Talleres de Reparación de vehículos de Ourense deseñarán unha campaña de asesoramento sobre seguridade e saúde no traballo","published_date":"2024-03-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23076"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-17/23076-xunta-e-asociacion-talleres-reparacion-vehiculos-ourense-desenaran-unha-campana-asesoramento-seguridade-e-saude-traballo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.