Rivo avoga por un tecido empresarial responsable para captar e reter talento e para forxar unha sociedade máis igualitaria

  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na presentación da cuarta edición do programa Responsabilízate en Ourense e no encontro sobre sustentabilidade e competitividade na empresa 
  • Referiuse á importancia do benestar laboral no que incide a nova Lei de igualdade da Xunta e á Estratexia RSE, que quintuplica o seu orzamento, para avanzar, entre outros, na consecución da igualdade laboral 

Ourense, 12 de marzo de 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na presentación da cuarta edición do programa Responsabilízate da Xunta en Ourense no que se referiu á importancia de contar con empresas responsables para captar e reter talento e para forxar unha sociedade máis igualitaria.

No acto, no que expuxeron a súa experiencia tres representantes de empresas que avogan pola Responsabilidade Social Empresarial (RSE) - de Regalga, Arte&Comunicaciones e Cupa Group- a conselleira indicou que contar cun tecido empresarial responsable é sinónimo de maior produtividade porque, segundo subliñou, as empresas responsables destacan por ter maior permanencia dos empregados; maior lealdade do consumidor; mellor valoración da imaxe e da súa marca; máis implicación e motivación dos traballadores, e maior recoñecemento entre os líderes de opinión.

Rivo apuntou que precisamente Responsabilízate avoga por que cada vez sexan máis as pequenas e medianas empresas galegas que aposten por estes valores. Resaltou que o Goberno galego cre na RSE e, por iso, explicou que a Xunta está a desenvolver unha nova Estratexia neste ámbito que se aprobou en 2023 para promover espazos de traballo igualitarios. É unha planificación que quintuplica a súa dotación orzamentaria, ata os 174 millóns de euros para tamén atraer e reter o talento galego. En palabras da titular de Promoción do Emprego, a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) da man da sustentabilidade é clave para a retención e captación de talento. 

"É importante que ás nosas empresas sexan cada vez máis responsables para que todo o talento mozo que temos en Galicia siga apostando por Galicia", engadiu.

Rivo tamén salientou que Galicia está á vangarda da RSE, lembrando que en 2012 a Xunta foi pioneira nesta materia deseñando e poñendo en marcha o primeiro plan autonómico RSE. En palabras da conselleira, o Goberno da Xunta traballa para que o crecemento económico sexa sustentable de cara ao futuro para o que destacou que é necesario seguir reforzando a colaboración de todos os axentes sociais e económicos. "A colaboración público-privada é garante dunha sociedade máis responsable e máis igualitaria", rematou.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22949 {"title":"Rivo avoga por un tecido empresarial responsable para captar e reter talento e para forxar unha sociedade máis igualitaria","published_date":"2024-03-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"22949"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-12/22949-rivo-avoga-tecido-empresarial-responsable-captar-e-reter-talento-e-forxar-unha-sociedade-mais-igualitaria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.