A Xunta inicia o seu VI Plan de formación para o persoal dos centros de atención a mulleres e vítimas de violencia de xénero de Galicia

  • Trátase do primeiro plan que se vai desenvolver en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP) co gallo de dar unha mellor resposta ás demandas das persoas traballadoras dos Centros de Información á Muller (CIM) 
  • O persoal interesado en participar nos cursos que se ofrecen terá de prazo para formalizar a súa matrícula ata as 14:00 horas do 17 de abril, cumprimentando o formulario de matrícula telemática dispoñible na web da EGAP

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2024

A Xunta inicia o seu VI Plan de formación dirixido ao persoal dos Centros de Información á Muller (CIM) e ao resto de persoas traballadoras dos servizos de atención directa ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Trátase da primeira vez que este plan se vai desenvolver en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP) co gallo de garantir unha maior profesionalización nos procedementos de convocatoria dos cursos, selección do alumnado e expedición de certificados de realización. A finalidade última é dar unha mellor resposta ás demandas do persoal ao que se dirixe esta oferta formativa.

Tamén como novidade, a iniciativa -xestionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade- inclúe por primeira vez dúas edicións dun mesmo curso: unha en horario de mañá e outra en horario de tarde, co obxecto de facilitar unha maior participación do persoal interesado.

O plan formativo abordará temáticas cruciais como a incidencia das novas tecnoloxías na violencia de xénero, a protección das e dos menores que sofren esta lacra, as pautas para unha correcta atención psicolóxica e xurídica das vítimas ou as distintas axudas públicas existentes neste ámbito. Ademais, trataranse distintas formas de violencia de xénero, incorporando un curso específico sobre a identificación das vítimas de trata con fins de explotación sexual, e outros contidos, de carácter máis específico, como a atención ás persoas LGBTIQ+. O plan complétase cunha xornada presencial, dedicada ao autocoidado do propio persoal dos servizos de atención.

En total, ofértanse máis de 450 prazas entre cinco cursos principalmente telemáticos e unha xornada presencial. Están destinados aos profesionais que atenden directa ou indirectamente ás vítimas de todas as formas de violencia de xénero dos Centros de Información á Muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (CEMVI), dos centros de acollida integrantes da Rede galega de acollemento, das Oficinas de Asistencia ás Vítimas do Delito de Galicia, así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Secretaría Xeral da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade das Xefaturas Territoriais das Delegacións da Xunta.

A equipa docente estará composta por persoas expertas en cada unha das materias, como María José Garrido, comandante da Garda Civil, psicóloga criminal e especialista en ciberviolencia de xénero; Áurea Martínez de la Fuente, fiscal delegada de Violencia de Xénero da provincia de Lugo; María Berta Rodríguez Martínez, subdirectora do Imelga da Coruña e médica forense da Unidade de Valoración Forense Integral; Roberto López, subdirector provincial de xubilación, morte e supervivencia do INSS da Coruña; Alexandre Garrido, educador, antropólogo e doutorando pola USC en estudos LGBTIQ+ ou Helga Pita Romero, educadora social en ONGD Fiet Gratia.

O persoal interesado en participar nos cinco cursos de formación terá de prazo para formalizar a súa matrícula ata as 14:00 horas do 17 de abril, cumprimentando o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

No caso da xornada presencial en materia de autocoidados -que terá lugar o 20 de novembro en Santiago de Compostela- a convocatoria para inscribirse sairá publicada proximamente no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Información sobre a formación:

Ligazón á publicación no DOG de hoxe:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240411/AnuncioO150-030424-0002_gl.html

Web de formación para os CIM: www.formacioncimgalicia.gal

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23552 {"title":"A Xunta inicia o seu VI Plan de formación para o persoal dos centros de atención a mulleres e vítimas de violencia de xénero de Galicia","published_date":"2024-04-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23552"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-11/23552-xunta-inicia-seu-vi-plan-formacion-persoal-dos-centros-atencion-mulleres-e-vitimas-violencia-xenero-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.