A Xunta pon de relevo en Vigo as axudas a disposición de persoas traballadoras autónomas e pemes

  • O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora do Igape, Covadonga Toca, participaron nunha nova xornada organizada pola Asociación de Autónom@s e Pequenas Empresas de Galicia
  • Fernández fixo fincapé na cota cero dispoñible para novas altas de autónomos durante os primeiros doce meses -entre outros apoios con prazo de solicitude aberto-, así como na Rede de polos de emprendemento e no Plan de remuda xeracional
  • A directora do Igape destacou a liña de préstamos destinada a autónomos e pemes para acceder a financiamento nas condicións máis vantaxosas que porá en circulación 80 M€ nun millar de operacións para investimentos, circulante, ou refinanciamento de débedas

Vigo, 2 de abril de 2024

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Covadonga Toca, participaron esta tarde en Vigo nunha xornada informativa das axudas da Xunta dirixidas a persoas traballadoras autónomas e pemes organizada pola Asociación de Autónom@s e Pequenas Empresas de Galicia (APE). Alí, o secretario xeral fixo especial fincapé na cota cero dispoñible para novas altas de persoas traballadoras autónomas, cuxo prazo de solicitude está aberto ata o 30 de setembro.

Segundo destacou o secretario xeral, trátase dunha partida de 9,6 millóns de euros para subvencionar ao 100% a cota reducida dos novos autónomos durante os doce primeiros meses de actividade. Forma parte dos 28,9 millóns convocados para, ademais, financiar os primeiros gastos da actividade dos traballadores por conta propia.

Pablo Fernández referiuse a máis axudas. Por exemplo, recordou que ata o 28 de xuño pódense solicitar as achegas que cun orzamento de 6,5 millóns de euros beneficiarán as persoas traballadoras autónomas, mutualistas, pequenas e medianas empresas, sociedades cooperativas e laborais, así como as empresas de inserción e os centros especiais de emprego. O obxectivo é impulsar o emprendemento mediante o financiamento dos custos de adquisición de equipamento informático ou para eficiencia enerxética, entre outras cuestións.

Mirando ás persoas autónomas, ata o 30 de setembro pódense solicitar tamén as axudas que -cun importe de 1,3 millóns de euros- buscan incentivar a contratación por parte dos autónomos do primeiro, segundo e terceiro traballador e, como novidade este ano, cunha maior contía se contratan mulleres. Inclúense dous tipos de achegas compatibles entre si: o bono de contratación e o bono de formación para impulsar a cualificación das persoas traballadoras indefinidas.

A maiores, Pablo Fernández referiuse a dous programas de axudas ao emprego autónomo que suman 9,5 millóns de euros. Diríxense, por unha banda, aos traballadores autónomos que teñan unha antigüidade superior aos 42 meses para que poidan ofrecer novos servizos e realizar investimentos que impulsen a súa capacidade competitiva (Bono Autónomo) e, por outra, axudar aos profesionais por conta propia que desexen volver emprender tras o cesamento de actividade (Bono nova oportunidade).

Así mesmo, entre outros, o Goberno galego habilitou un investimento de 1 millón de euros para que as persoas traballadoras autónomas que teñan fillos ou persoas maiores ou dependentes ao seu cargo conten cos apoios necesarios para contratar a persoas que os substitúan no exercicio da súa actividade ou poidan recorrer a servizos de coidado.

Por último, o secretario xeral referiuse á Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que ten xa trece centros activos en toda Galicia, á espera de que se inaguren dous máis. No marco deses Polos, segundo dixo, estase a impulsar un Plan de remuda para garantir o tecido produtivo galego, poñendo en contacto persoas que deixan os seus negocios con outras interesadas en retomalos. Na súa intervención, non quixo esquecerse da economía social e do pulo a esta fórmula que supón a Rede Eusumo, que fomenta o espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

Pola súa banda, a directora do Igape, Covadonga Toca, afondou nas liñas que o seu departamento ten a disposición do tecido empresarial galego, especialmente pemes e autónomos, entre as que destacou distintos programas activados xa desde comenzos de ano en internacionalización e financiamento.

Toca Carús destacou que, un ano máis, a Xunta ten activada a liña de préstamos destinada a autónomos e pemes para acceder a financiamento nas condicións máis vantaxosas. A través dun acordo coas Sociedades de Garantía Recíproca (SGR), expuso, destínanse este exercicio 12 millóns de euros, que porán en circulación 80 M€, nun milleiro de operacións nas que pemes e autónomos financian investimento e circulante, ou refinancian préstamos anteriores que materializaron en condicións menos vantaxosas.

 

A este programa, afondou, súmaselle a convocatoria da liña de préstamos directos para posibilitar o financiamento e os investimentos do tecido empresarial, que conta cun orzamento de 30 M€ e dúas grandes novidades: dun lado, a concesión de préstamos para financiar a implantación de empresas galegas no exterior e, doutro, os préstamos para financiar circulante para as empresas de transformación e comercialización de produtos da pesca e acuicultura, e para a industria manufactureira.

 

Por último, a directora salientou que a Xunta de Galicia vén de abrir unha nova edición do programa ReAcciona, que permitirá apoiar con 2,8 millóns de euros a posta en marcha de proxectos centrados na mellora da competitividade dos autónomos e pemes galegas, facilitándolles o acceso a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23361 {"title":"A Xunta pon de relevo en Vigo as axudas a disposición de persoas traballadoras autónomas e pemes","published_date":"2024-04-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23361"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-02/23361-xunta-pon-relevo-vigo-as-axudas-disposicion-persoas-traballadoras-autonomas-e-pemes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.