A Xunta presenta ao Goberno de Aragón a ferramenta EMI dispoñible xa en todas as oficinas de emprego para sincronizar oferta e demanda con intelixencia artificial

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, amosoulle á vicepresidenta segunda e consejera de Economía, Empleo e Industria do Goberno de Aragón, Mar Vaquero, como funciona este software
  • Sinalou que dota ao Servizo Público de Emprego de Galicia dos recursos necesarios para que as persoas que recorren a el poidan consolidar a súa traxectoria profesional, ao tempo que as empresas conseguen localizar o mellor talento
  • O Goberno galego investirá 8,5 millóns de euros neste 2024 para avanzar na modernización do Servizo, co obxectivo de acadar un mercado laboral de calidade

Ourense, 2 de abril de 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, amosoulle esta mañá á vicepresidenta segunda e consejera de Economía, Empleo e Industria do Goberno de Aragón, Mar Vaquero, como funciona a ferramenta tecnolóxica EMi dispoñible xa en todas as oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia, tras as probas iniciais realizadas nas de Pontevedra, Cambados e Ordes. Este software permite sincronizar oferta e demanda en tempo real grazas á intelixencia artificial e á analítica avanzada, dotando ao Servizo dos recursos necesarios para que as empresas poidan localizar o mellor talento ao tempo que as persoas que recorren a el conseguen consolidar a súa traxectoria profesional.

Co afán de compartir experiencias coa representante aragonesa na busca dun mercado laboral de calidade, na presentación púxose de relevo que coa nova ferramenta trátase de identificar as necesidades do mercado de traballo en tempo real e de adaptar a formación e os itinerarios formativos a ditas necesidades, axustando de xeito áxil e de maneira máis efectiva os perfís coas candidaturas.   

Entre outras funcionalidades, o sistema conta cun navegador competencial, cun emulador de ocupacións e cun recomendador de formacións, co propósito final de brindar aos usuarios unha atención áxil, personalizada e efectiva cun perfilado e titorización individualizados, con base nas necesidades reais das empresas.

A conselleira destacou que a modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia é unha prioridade para a Xunta, con 8,5 millóns de euros de investimento neste 2024. Deles, 1,3 millóns destínanse a consolidar a ferramenta EMi, avanzando na intelixencia artificial e na aprendizaxe automática para a xestión das políticas activas de emprego.

Así mesmo, continuarase coa renovación das oficinas de emprego, con instalacións novas como a que vén de poñerse en marcha en Cangas do Morrazo. Cómpre destacar tamén o reforzo do servizo de orientación laboral e prospección empresarial.

A maiores, cabe engadir que se continuará tamén co programa de seguimento intensivo da demanda de emprego, para axudar e apoiar de xeito máis personalizado a aquelas persoas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia que presentan dificultades para atopar un traballo, co obxectivo de integralas o antes posible no mercado. Así, búscase outorgar ás persoas demandantes información completa e explicarlles de xeito individual os recursos que lles ofrece o Servizo público coa finalidade última da mellorar a súa empregabilidade, como o establecemento ou modificación do seu plan de traballo personalizado ou itinerario de inserción. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23339 {"title":"A Xunta presenta ao Goberno de Aragón a ferramenta EMI dispoñible xa en todas as oficinas de emprego para sincronizar oferta e demanda con intelixencia artificial","published_date":"2024-04-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773483\/20240402+Rivo+vicepresidenta+Aragon+Ourense+1.JPG","id":"23339"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-02/23339-xunta-presenta-ao-goberno-aragon-ferramenta-emi-disponible-xa-as-oficinas-emprego-sincronizar-oferta-e-demanda-intelixencia-artificial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.