Rivo pon en valor as persoas e entidades galardoadas cos Premios Mulleres Femupo 2024 polo seu labor a prol da igualdade na provincia de Pontevedra

  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no acto de entrega dos catro galardóns que concedeu a Federación pola igualdade das mulleres da provincia de Pontevedra polo seu labor en distintos ámbitos
  • Recordou o convenio asinado esta mesma semana con Femupo para seguir desenvolvendo accións de formación e apoio encamiñadas ao recoñecemento da experiencia laboral no eido dos coidados de menores de ata 16 anos
  • Lembrou tamén a colaboración que se renovará para continuar con accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e de apoio ás súas vítimas

Pontevedra, 23 de marzo de 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou hoxe no acto de entrega dos Premios Mulleres Femupo 2024, poñendo en valor o traballo das persoas e entidades galardoadas pola Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) a prol da equidade en distintos ámbitos.

Así, Rivo sinalou que a necesidade de rachar cos estereotipos e de conseguir que todas e todos teñan as mesmas oportunidades non se limita a un único eido da vida, senón a todos e a cada un deles. Nese senso, tanto os pequenos xestos como premios coma os outorgados hoxe contribúen a poñer a igualdade como imperativo no foco e a remover conciencias, mostrando que o progreso só é posible coa achega do conxunto da sociedade.

Na súa intervención, a representante autonómica tivo palabras de recoñecemento para os galardoados -consultora Forestalis, Club Ciclista Farto, Centro de Información á Muller (CIM) de Marín e o estudo Bonobo- pola súa traxectoria destacada a prol da igualdade entre mulleres e homes no mundo empresarial, deportivo, institucional e cultural, respectivamente. 

Os premios entregados este sábado encaixan perfectamente nos obxectivos de Femupo, que pasan por traballar pola Igualdade, contra a violencia de xénero, pola conciliación e a corresponsabilidade, contra a trata de mulleres e con calquera asociación disposta a defender os dereitos das mulleres.

Colaboración con Femupo

Cómpre destacar que esta mesma semana vén de renovarse por terceiro ano consecutivo o convenio da Xunta de Galicia coa Federación pola igualdade das mulleres da provincia de Pontevedra para avanzar na conciliación e a corresponsabilidade e na creación de emprego de calidade.

Xunto coas federacións representativas nas outras tres provincias galegas, e cun investimento global de 400.000 euros desde o Goberno galego, desenvolveranse actuacións que permitirán a unhas 2.000 mulleres rurais de toda a Comunidade acreditar a súa experiencia laboral no coidado de menores de ata 16 anos.

Así mesmo, este ano renovarase por quinta vez o convenio de colaboración con Femupo para o desenvolvemento de accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e de apoio ás súas vítimas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23224 {"title":"Rivo pon en valor as persoas e entidades galardoadas cos Premios Mulleres Femupo 2024 polo seu labor a prol da igualdade na provincia de Pontevedra","published_date":"2024-03-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23224"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-23/23224-rivo-pon-valor-as-persoas-e-entidades-galardoadas-cos-premios-mulleres-femupo-2024-polo-seu-labor-prol-da-igualdade-na-provincia-pontevedra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.