A Xunta leva a Lugo a xornada "Emprego sen etiquetas" para impulsar a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados

Imagen del artículo A Xunta leva a Lugo a xornada Emprego sen etiquetas para impulsar a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade organiza un encontro no Fórum Ceao no que porá de relevo o plan pioneiro que con 2,25 M€ buscará en 2024 aumentar o emprego feminino en eidos laborais onde predominan os homes     

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2024

 A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade celebra este martes 2 de abril no Fórum Ceao de Lugo, unha nova xornada aberta ao público Emprego sen etiquetas, para impulsar a presenza feminina en sectores económicos onde tradicionalmente predominan os homes.

O acto acollerá unha mesa redonda, onde estarán representadas mulleres que traballan nos sectores do metal, forestal e de mecánica de aviación, na que compartirán a súa experiencia en ámbitos laborais masculinizados, poñendo en valor os seus testemuños como exemplos de mulleres que rachan cos prexuízos e cos estereotipos de xénero á hora de escoller as súas profesións.

A Xunta porá en marcha este ano un plan pioneiro, con 2,25 millóns de euros de orzamento,  para impulsar a presenza feminina en profesións onde a muller apenas está representada.  A previsión é que se poidan contratar e formar unhas 300 mulleres no conxunto do territorio galego. As achegas da convocatoria equivalerán ao custo da formación, prospección e contratación, cun máximo por cada muller inserida de 7.500 euros.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ten en marcha tamén a campaña Ti elixes , desenvolvida en centros escolares, para concienciar á xente nova da importancia de elixir unha profesión en función unicamente das habilidades ou motivacións persoais.

Con todas estas medidas, a Xunta de Galicia está a reforzar o seu compromiso na loita contra os estereotipos e as fendas de xénero no eido laboral e quere implicar nesta misión a toda a sociedade con xornadas como a que o martes se celebrará en Lugo e que ten as inscricións abertas a través dun formulario web.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23323 {"title":"A Xunta leva a Lugo a xornada \"Emprego sen etiquetas\" para impulsar a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados","published_date":"2024-03-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/80455-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23323"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-31/23323-xunta-leva-lugo-xornada-emprego-sen-etiquetas-impulsar-presenza-mulleres-sectores-tradicionalmente-masculinizados https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.