A Xunta de Galicia reforza a colaboración coas asociacións do traballo autónomo en materia de seguridade e saúde laboral

  • A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade presentou na última Mesa do Emprego Autónomo as iniciativas específicas para o colectivo coas que quere reducir a sinistralidade na construción ou nos traballos forestais
  • A Estratexia Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia prevé o impulso de actuacións en materia preventiva entre os profesionais por conta propia como liña de actuación

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2024

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), reforzará este 2024 a relación coas entidades que representan o traballo por conta propia, para avanzar na consolidación dunha auténtica cultura da prevención no colectivo. O departamento expuxo na última Mesa do Emprego Autónomo as principais campañas coas que quere facer énfase nas actividades con maiores riscos como a construción, os traballos forestais ou na exposición a químicos.

O Goberno galego quere facer fincapé nas actividades con máis riscos, no marco das previsións da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo, coa que Galicia aspira a crear contornos de traballo seguros, saudables e sustentables.

O Issga promoverá, así, campañas e accións formativas cara a mellorar a produtividade e a imaxe nas distintas actividades económicas. Ofrece ás asociacións o asesoramento técnico necesario e a información precisa para acadar que os traballadores autónomos tamén sexan permeables a esta cultura da seguridade.

Entre as iniciativas novas e de continuidade, o Issga incidirá en evitar as caídas de altura na construción e nos traballos con escada. Tamén na prevención de riscos nos traballos forestais, con campañas deseñadas desde a óptica da pequena empresa e dos autónomos.

A Xunta de Galicia leva tempo traballando tamén co colectivo de redeiras e mariscadoras, moitas delas autónomas, co propósito de abordar melloras de saúde laboral neste sector altamente feminizado.

Na mesma liña, o Issga ven de presentar en Previsel, o salón da prevención de riscos celebrado en Ourense, unha campaña para o traballo seguro de tipo ergonómico e cos produtos químicos dos centros de estética e peiteado.

A Xunta de Galicia anunciou unha maior implicación e accións específicas no que concirne á seguridade e saúde laboral para integrar a prevención no emprego autónomo da man das súas entidades. Eses contactos comezaron a materializarse na última Mesa que o colectivo comparte co Goberno galego, na que este se ofreceu a atender as demandas dos traballadores no marco das súas competencias.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23300 {"title":"A Xunta de Galicia reforza a colaboración coas asociacións do traballo autónomo en materia de seguridade e saúde laboral","published_date":"2024-03-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23300"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-28/23300-xunta-galicia-reforza-colaboracion-coas-asociacions-do-traballo-autonomo-materia-seguridade-e-saude-laboral https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.