Rivo destaca as iniciativas de conciliación promovidas pola Xunta en período non lectivo na súa visita ao programa de lecer de Semana Santa da Guarda

  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou o CEIP A Sangriña, onde un total de 31 rapazas e rapaces de entre 3 e 10 anos participan na actividade Concilia Semana Santa activada polo municipio con apoio autonómico
  • A iniciativa forma parte da colaboración que a Xunta mantén cos concellos no marco das accións do Plan Corresponsables coas que busca apoiar ás familias, avanzar na corresponsabilidade, xerar emprego e dinamizar o rural

A Guarda (Pontevedra), 27 de marzo de 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou hoxe o centro escolar A Sangriña, onde o Concello da Guarda está a celebrar, co apoio da Xunta de Galicia, a actividade Concilia Semana Santa, na que toman parte nenas e nenos de entre tres e dez anos deste municipio.

A acción, apoiada pola Xunta de Galicia no marco do Plan Corresponsables, quere favorecer a conciliación da vida persoal e laboral das familias da Guarda, facilitándolles un recurso de apoio nestes días de inactividade escolar.

A proposta ten o atractivo engadido de ofrecer un espazo de lecer en horario de mañá para trinta e un menores escolarizados, aos que se oferta unha axenda de actividades lúdicas e obradoiros adaptados aos seus intereses.

Trátase dun programa gratuíto, vital para que a veciñanza da Guarda poida conciliar vida persoal, laboral e familiar, que pon ao seu dispor un servizo de coidado de 8,30 a 14,30 horas os días 25, 26, 27 e 1 de abril.

Rivo comprobou a utilidade e o éxito destas propostas, necesarias para seguir a impulsar en Galicia iniciativas que permitan avanzar cara benestar laboral.

A Administración autonómica está a destinar este ano case 11 millóns de euros en axudas para apoiar ás entidades locais galegas no impulso da igualdade, no funcionamento dos Centros de Información á Muller (CIM) e para avanzar na conciliación e corresponsabilidade. En concreto, 6 millóns diríxense a este último propósito, con accións encamiñadas a favorecer a conciliación e a corresponsabilidade no eido local, que se financian cos fondos recibidos por Galicia do Estado,  a través do Plan Corresponsables. 

Grazas a este plan, Galicia está a ofertar actividades durante todo o ano e especialmente en períodos non lectivos para menores de ata 16 anos en diferentes eidos: desde actuacións lúdicas, campamentos en diversas disciplinas deportivas ata obradoiros adaptados a distintos grupos de idade.

En colaboración con entidades e concellos, entre eles o da Guarda, estanse a habilitar servizos de coidado profesional para que os rapaces poidan aprender e divertirse ao tempo que permite aos pais e nais a conciliación da vida, persoal, laboral e familiar.

O Plan Corresponsables contribúe tamén a xerar emprego coa contratación de persoas coidadoras e monitores para cada unha das actividades que se desenvolven.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23281 {"title":"Rivo destaca as iniciativas de conciliación promovidas pola Xunta en período non lectivo na súa visita ao programa de lecer de Semana Santa da Guarda","published_date":"2024-03-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23281"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-27/23281-rivo-destaca-as-iniciativas-conciliacion-promovidas-pola-xunta-periodo-non-lectivo-na-sua-visita-ao-programa-lecer-semana-santa-da-guarda https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.