Rivo presenta el IV programa Responsabilízate de la Xunta para sumar empresas responsables y contribuir al progreso de Galicia por el camino de la sostenibilidad

  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na clausura de presentación desta iniciativa coa que a Xunta apoia ás pemes a implantar a Responsabilidade Social Empresarial na súa xestión
  • Nesta nova edición participan pemes de diferentes sectores: desde a hostalaría e o turismo ata a biotecnoloxía e a arquitectura
  • Rivo sinala que as empresas responsables son o futuro e que Galicia traballa para seguir a situarse na vangarda da promoción da Responsabilidade Social Empresarial
  • A nova Estratexia de RSE da Xunta inclúe 25 accións para apoiar ás pemes a transformar os seus modelos de negocio para acadar máis oportunidades na economía que vén

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na clausura do acto de presentación da cuarta edición do programa Responsabilízate co que a Xunta apoia ás pemes para que apliquen na súa xestión valores medioambientais, sociais e de goberno corporativo, os tres piares da sustentabilidade.

A iniciativa conta con 200 prazas -na actualidade estase coa fase de captación- e ata o de agora inscribíronse empresas de diferentes perfís e sectores (hostalaría, turismo, biotecnoloxía ou enerxías renovables). Poden beneficiarse desta iniciativa pemes e autónomos que teñan o seu domicilio social ou conten con centro de traballo en Galicia. Deben ter, polo menos, unha persoa contratada por conta allea, non superar os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou ter un balance anual inferior aos 43 millóns de euros. As persoas que participan reciben asesoramento experto, formación ou un plan de acción para implantar medidas.

A Xunta foi pioneira en RSE en 2012 cando aprobou o primeiro plan en RSE. Na actualidade, o Goberno galego está a executar unha nova Estratexia de RSE para promover espazos de traballo igualitarios. A planificación quintuplica a súa dotación orzamentaria, ata os 174 millóns de euros, para atraer e reter talento. A Xunta busca que esta iniciativa sirva de motor para que todos os axentes públicos e privados dispoñan dun marco de referencia para avanzar no camiño da RSE. Conta con 25 medidas para, entre outros retos, transformar os modelos de negocio das empresas para que teñan máis oportunidades na economía que vén; apoiar ás compañías para mellorar os seus sistemas de transparencia e atraer e captar talento favorecendo contornas de traballo inclusivas e con solucións innovadoras de impacto social e/ou ambiental.

Rivo, ademais, referiuse á nova Lei de igualdade, que regula conceptos que están vinculados á RSE como é o benestar laboral.

En palabras de Rivo, cada vez son máis as empresas que aplican os criterios ambientais, sociais e da boa gobernanza porque reforza a competitividade e axudan a captar e reter o talento, conseguindo, ademais, rendibilidade financeira. "As empresas responsables son o futuro e polo camiño da sustentabilidade contribuiremos ao progreso de Galicia", rematou.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
20906 {"title":"Rivo presenta el IV programa Responsabilízate de la Xunta para sumar empresas responsables y contribuir al progreso de Galicia por el camino de la sostenibilidad","published_date":"2023-12-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"20906"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade,Emprego https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2023-12-12/20906-rivo-presenta-iv-programa-responsabilizate-xunta-sumar-empresas-responsables-contribuir-progreso-galicia-camino-sostenibilidad https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.