A Xunta lembra que este venres 22 de marzo finaliza o prazo para solicitar a realización de obradoiros duais de emprego entre 2023 e 2024 cun orzamento de 39,1m€

  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no acto de Inauguración da primeira fase da reforma da praza de abastos do Porriño
  • Os integrantes do obradoiro dual de emprego porriñés centrado na hostalaría que se está a desenvolver na actualidade foron os encargados das propostas culinarias que se degustaron no evento
  • Este concello pontevedrés desenvolve outras iniciativas a prol da xeración de emprego e riqueza como o Polo de emprendemento que se inaugurou en novembro pasado e que xa ten atendido máis de 150 proxectos

O Porriño (Pontevedra), 19 de marzo de 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou hoxe no acto de inauguración da primeira fase da reforma da praza de abastos do Porriño, onde destacou esta infraestrutura como punto neurálxico e dinamizador do comercio e da economía da contorna. Así mesmo, puido degustar as propostas culinarias degustadas no evento correron a cargo dos participantes no obradoiro dual de emprego que se está a desenvolver neste municipio pontevedrés co apoio da Xunta de Galicia.

En concreto, o Concello porriñés está a albergar un obradoiro centrado en dúas especialidades diferentes: na hostalaría -dando continuidade ao módulo de cociña que se levara a cabo entre 2022 e 2023- e na tecnoloxía da información e comunicación e na economía dixital. En total, falamos de 20 participantes, 12 meses de formación e traballo remunerado e máis de medio millón de euros de investimento por parte do Goberno galego.

Este ano, a Xunta destina aos obradoiros duais de emprego 39,1 millóns de euros coa previsión de beneficiar unhas 1.820 persoas a través da realización de 91 obradoiros entre 2023 e 2024. Nesta nova convocatoria, ofreceranse nove meses de formación con contrato de traballo e coa posibilidade de inserción posterior en empresas da contorna.   

Cómpre recordar que estes obradoiros duais poden ser promovidos por concellos -como é o caso do Porriño-, mancomunidades de municipios ou entidades públicas dependentes, así como por entidades sen ánimo de lucro do sector forestal. O prazo de solicitude remata este venres 22 de marzo. 

Outras colaboracións co Porriño a prol do emprego

No Porriño funciona o Polo de emprendemento e apoio ao emprego a pleno rendemento. Inaugurado o pasado mes de novembro, xa ten atendido máis de 150 proxectos. Forma parte da Rede integrada por 13 centros activos, e que chegará a 15 nos próximos meses, incorporando -entre eles- un novo Polo en Vilanova de Arousa. 

Tamén cabe mencionar o Programa Integrado de Emprego que se está a desenvolver este concello para menores de 30 anos desempregados, mulleres en paro e parados de longa duración, con 220.000 euros de investimento desde a Xunta para o seu desenvolvemento deica finais deste ano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23105 {"title":"A Xunta lembra que este venres 22 de marzo finaliza o prazo para solicitar a realización de obradoiros duais de emprego entre 2023 e 2024 cun orzamento de 39,1m€","published_date":"2024-03-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23105"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-19/23105-xunta-lembra-venres-22-marzo-finaliza-prazo-solicitar-realizacion-obradoiros-duais-emprego-2023-e-2024-cun-orzamento-39-1m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.