A Xunta lembra que está aberto o prazo para presentar candidaturas aos premios Eduemprende a prol do espírito emprendedor entre o alumnado

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na Coruña na entrega da XVI edición dos 'Premios Formación para emprender' organizados polo Concello herculino
  • Alí dixo que o alumnado de formación profesional, ensinanzas deportivas, artes plásticas e deseño da nosa Comunidade poderán presentar solicitudes aos Premios Eduemprende que convoca o Goberno galego ata o 31 de maio deste ano
  • Puxo en valor os case medio milleiro de proxectos atendidos nos Polos de emprendemento da provincia da Coruña, o 61% deles impulsados por mulleres
  • Tamén as axudas a disposición de emprendedores e persoas autónomas, como a cota cero para novas altas durante os doce primeiros meses de actividade

A Coruña, 20 de marzo de 2024

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou esta tarde no acto de entrega da XVI edición dos Premios Formación para emprender organizados polo Concello da Coruña. Alí, destacou que ata o 31 de maio deste ano está aberto o prazo para que alumnado de formación profesional, ensinanzas deportivas, artes plásticas e deseño da nosa Comunidade poida presentar solicitudes aos Premios Eduemprende da Xunta, que teñen por obxecto promover o espírito emprendedor no ámbito escolar.

Na súa intervención, Ardao apuntou que os proxectos vencedores poderán incorporarse a viveiros de empresa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e recibir o asesoramento técnico da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego a través da Rede de polos de emprendemento.

Precisamente en relación aos Polos de emprendemento e apoio ao emprego da provincia da Coruña, a directora xeral apuntou que os centros de Ferrol, Coristanco e Melide levan atendido preto de medio milleiro de proxectos, o 61% deles impulsados por mulleres. Entre estas iniciativas, destacan as relacionadas cos servizos, seguidas das de comercio e das relativos á hostalaría.

Na súa intervención, Margarita Ardao tamén se referiu aos numerosos apoios ao emprendemento e ás persoas traballadoras autónomas, moitos deles con prazo de solicitude aberto, como a cota cero para novas altas durante os doce primeiros meses de actividade.

A Xunta tamén financia os primeiros gastos de actividade, a contratación de persoal ou a mellora da competitividade dos autónomos, mentres para as persoas ou entidades emprendedoras hai axudas para adquirir equipamento informático ou para eficiencia enerxética, entre outras cuestións.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23159 {"title":"A Xunta lembra que está aberto o prazo para presentar candidaturas aos premios Eduemprende a prol do espírito emprendedor entre o alumnado","published_date":"2024-03-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773444\/20240320+DXE+Premios+emprender+Coruna+1.jpeg","id":"23159"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-20/23159-xunta-lembra-aberto-prazo-presentar-candidaturas-aos-premios-eduemprende-prol-do-espirito-emprendedor-alumnado https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.