A Xunta inviste medio millón de euros para apoiar o inicio da actividade de empresas de base tecnolóxica e a xeración de emprego cualificado

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova convocatoria destes apoios que inclúen achegas para os gastos do primeiro ano, as contratacións indefinidas, a conciliación e a función de xerencia 
  • Por cada contratación indefinida no primeiro ano poderá recibirse un mínimo de 6.000 euros que se verán ampliados este ano a 8.000 no caso de que se incorporen desempregados menores de 30 anos, mulleres ou emigrantes retornados
  • As persoas beneficiarias poden optar a 3.000 euros para contratar servizos de coidado de menores e maiores e de ata 10.000 para formación en toma de decisións e/ou contratación de análises ou estudos externos para a mellora da actividade 

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria 2024 das axudas autonómicas para impulsar iniciativas de base tecnolóxica (IEBT) nas que investirá medio millón de euros para atender os gastos destes emprendedores durante o primeiro ano de actividade, con achegas de ata 24.000 euros para a creación directa de emprego estable ou de ata 30.000 para o inicio e posta en marcha da actividade. 

Este programa, con 23 anos de traxectoria, busca impulsar o espírito emprendedor entre persoas investigadoras e tituladas universitarias. A Xunta quere favorecer que o resultado dos seus traballos desemboquen na creación de iniciativas empresariais e dinamizar, así, o emprego científico e tecnolóxico. 

Previa cualificación realizada por equipos especializados -para asegurar mellores perspectivas de consolidación e permanencia dos proxectos- , esta medida artella apoios económicos para facilitar o lanzamento das iniciativas en catro eidos: para a creación directa de emprego estable (achegas de ata 24.000 euros), inicio e posta en marcha da actividade (ata 30.000), conciliación da vida persoal, laboral e familiar (ata 3.000 euros) e apoio á función xerencial (máximo 10.000 euros).  

A axuda mínima de 6.000 euros por persoa desempregada incorporada para a creación de postos de traballo indefinidos durante o primeiro ano de funcionamento verase ampliada este ano, por primeira vez, ata os 8.000, nos casos nos que o traballador sexa menor de 30 anos ou maior de 52, sexa muller ou se trate dun emigrante retornado ou estranxeiro. Ademais seguiranse a incrementar as achegas cun 25% extra acumulables se o centro de traballo se atope nun concello rural, entre outros supostos.

Os gastos de posta en marcha da actividade inclúen os derivados dos servizos de notaría e rexistro, compra de materias primas, arrendamento do local ou equipamentos, seguro, publicidade e páxinas web. 

Os apoios á conciliación, permitirán sufragar ata o 75% dos custos dos servizos de coidado de menores, maiores ou dependentes que contraten os impulsores das iniciativas e, os apoios económicos á  función xerencial, inclúen achegas para a formación do empresario e/ou para a realización externa de análises,  estudos ou informes. 

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 30 de setembro. 

Desde a orixe en 2001 desta iniciativa pioneira no Estado, a Xunta favoreceu a creación dun total de 2.224 postos de alta cualificación e de 406 empresas consideradas IEBTS, a razón dunha media de 17 firmas por ano, cun índice de supervivencia do 53,12%.  A maior parte dos proxectos desenvolvéronse no ámbito das actividades científicas (44% das novas iniciativas) e da información e comunicación (29,8%). 

O impulso do emprendemento especializado en tecnoloxías supón un piar fundamental para captar e manter o talento neste relevante sector para a economía galega, integrado por máis de 3.000 empresas, que dan emprego a  22.000 persoas. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23497 {"title":"A Xunta inviste medio millón de euros para apoiar o inicio da actividade de empresas de base tecnolóxica e a xeración de emprego cualificado","published_date":"2024-04-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23497"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-09/23497-xunta-inviste-medio-millon-euros-apoiar-inicio-da-actividade-empresas-base-tecnoloxica-e-xeracion-emprego-cualificado https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.