Rivo visita o Galicia Fórum Gastronómico para pór en valor a calidade dos produtos e servizos da economía social da comunidade

  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, percorreu o recinto feiral no que diferentes departamentos da Xunta contan con expositores para dar a coñecer a excelencia da gastronomía galega e o bo facer dos produtores

A Coruña, 9 de abril de 2024

A conselleira en funcións de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe o Galicia Fórum Gastronómico, onde o seu departamento conta cun expositor para promocionar as fórmulas da economía social para o emprendemento e dar a coñecer os seus produtos e servizos. 

Rivo realizou un percorrido polo que se ten convertido no maior evento gastronómico do norte de España que conta con máis de 200 expositores. Convidou aos asistentes a coñecer o traballo de oito cooperativas presentes este ano no espazo da economía social, onde promocionan produtos cárnicos (Tres Fuciños e Verín Biocoop), hortofrutícolas (Milhulloa e Terras da Mariña), lácteos e derivados (Productores del Campo de Capela e Gaia), vitivinícolas (Bodegas Eidosela) ou salsas (A Factoría do Lume).  Como destacou, "o cooperativismo está a facer un labor fundamental na fixación de poboación no rural". 

O Fórum constitúe un dos mellores escaparates para a promoción das empresas da economía social, entidades con gran presenza na comunidade que manteñen un compromiso real co emprego igualitario e de calidade e co territorio.

A Xunta de Galicia está presente neste evento con outros espazos propios nos que, por exemplo, a Consellería do Medio Rural acubilla unha trintena de empresas que amosan as súas producións de calidade (produtos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida, agricultura ecolóxica e a recente certificación de Artesanía Alimentaria) ou a Consellería do Mar achega o sabor de peixes e mariscos ao público en xeral e profesional. 

A Xunta de Galicia mantén un firme compromiso cos seus produtores, pequenos e grandes, cooperativistas, pemes e autónomos. Nun foro coma este, quere poñer en valor a calidade dos produtos que ofrece a súa terra e o mar. 

Rivo quixo poñer en valor, coa súa visita, o bo facer dos profesionais que con esforzo e creatividade están a innovar, desenvolvendo e/ou consolidando proxectos que contribúen ao prestixio exterior da comunidade e ao seu crecemento económico. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23510 {"title":"Rivo visita o Galicia Fórum Gastronómico para pór en valor a calidade dos produtos e servizos da economía social da comunidade","published_date":"2024-04-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23510"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-09/23510-rivo-visita-galicia-forum-gastronomico-valor-calidade-dos-produtos-e-servizos-da-economia-social-da-comunidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.