Rueda defende o compromiso e responsabilidade do sector empresarial galego na procura do ben común e do progreso de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Garante que a Xunta traballará "cóbado con cóbado" cos empresarios para facilitar proxectos que "movan a economía"
  • Salienta a colaboración público-privada a través de alianzas "pioneiras" coas que augura que se van facer "grandes cousas" na Comunidade nos vindeiros catro anos

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu hoxe o "compromiso, responsabilidade e a ética" do sector empresarial galego na procura do "ben común" e do progreso da sociedade galega.

"Este goberno négase a que toda proposta que veña do lado empresarial se poña baixo observación", aseverou o mandatario galego, quen asegurou que o sector empresarial galego, móvese desde o "compromiso, ética, responsabilidade e sustentabilidade" na busca do "interese xeral" da cidadanía.

Así o defendeu Rueda na súa intervención no II Encontro de Empresarios, que se está celebrando estes días en Santiago de Compostela, e na que garantiu que a o Goberno galego traballará "cóbado con cóbado" co sector empresarial para facilitar a posta en marcha de proxectos e iniciativas que "movan a economía".

Por estes motivos, salientou a aposta pola colaboración pública-privada desenvolvida polo Goberno galego nos últimos anos coa creación de "alianzas pioneiras", baseadas na "confianza". "Imos facer grandes cousas durante estes catro anos", anuncioulle ao sector empresarial, do que gabou a súa "enorme capacidade" para "transformar a sociedade para ben".

Finalmente, Rueda manifestou "orgullo" pola clase empresarial da comunidade —e que estendeu á sociedade galega en xeral— pola "lección de sensatez, estabilidade e sentidiño" que están a amosar "no medio destes tempos convulsos".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23569 {"title":"Rueda defende o compromiso e responsabilidade do sector empresarial galego na procura do ben común e do progreso de Galicia","published_date":"2024-04-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887134\/240412_Pte_Empr_Empresarios_DCS-1.jpg","id":"23569"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-12/23569-rueda-defende-compromiso-e-responsabilidade-do-sector-empresarial-galego-na-procura-do-ben-comun-e-do-progreso-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.