A Xunta e o Clúster de Turismo visibilizan as novas alternativas de emprendemento neste sector para xerar oportunidades de negocio innovadoras

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada Innovación emprendedora no sector turístico organizada polo Polo de Melide en colaboración co Clúster
  • O representante autonómico destacou a aposta do Goberno galego polo emprendemento a través da Rede de polos que xa conta con 13 centros, sinalando o asesoramento específico que presta no caso de proxectos de remuda
  • A oficina de Melide atendeu desde a súa posta en marcha 55 proxectos promovidos por 52 persoas emprendedoras (preto do 60% mulleres)

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2024

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, interviu hoxe na xornada Innovación emprendedora no sector turístico organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Melide, en colaboración co Clúster de Turismo.

O encontro tivo como obxectivo visibilizar as novas alternativas de emprendemento no sector para xerar oportunidades de negocio e crear sinerxías empresariais para fomentar a economía colaborativa entre o turismo coa comarca. Deste xeito, os participantes puideron coñecer e traballar sobre as novas posibilidades que ofrece este ámbito.

Fernández sinalou a importante aposta da Xunta polo emprendemento a través dos polos que xa contan con 13 oficinas. O de Melide leva realizadas 162 titorías e asesorado 55 proxectos desde a súa posta en marcha, dos que un 58% están impulsados por mulleres. En canto ás idades das persoas emprendedoras, o 50% atópase nunha franxa de entre 35 e 52 anos. Por sectores, os proxectos pertencen aos servizos nun 24%, seguido da hostalería 822%) e de actividades sanitarias e de servizos sociais (15%). No polo de Melide, ademais, están rexistrados dos proxectos de remuda.

O encontro tamén serveu para dar a coñecer a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que presta asesoramento individualizado e gratuíto en calquera fase en que se atopen os proxectos empresariais, co obxectivo de xerar riqueza, dinamizar a economía e fixar poboación especialmente no rural. Entre as novas funcionalidades, a Rede está a dar apoio a través dun Plan de remuda xeracional para garantir o mantemento dos negocios, poñendo en contacto persoas interesadas en vender ou alugar as súas empresas con outras dispostas a facerse cargo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23182 {"title":"A Xunta e o Clúster de Turismo visibilizan as novas alternativas de emprendemento neste sector para xerar oportunidades de negocio innovadoras","published_date":"2024-03-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773447\/20240321+SXE+PoloMelide.jpeg","id":"23182"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-21/23182-xunta-e-cluster-turismo-visibilizan-as-novas-alternativas-emprendemento-neste-sector-xerar-oportunidades-negocio-innovadoras https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.