A Xunta pon en valor neste Día da muller a relevancia do deporte no impulso da igualdade e a loita contra a violencia de xénero

  • A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou nunha mesa redonda organizada polo Concello de Sanxenxo sobre deporte feminino co gallo do 8-M
  • Destacou o impulso que a Xunta está a dar ao deporte feminino a través do plan de patrocinios de equipos de alta competición femininos que se revalidará este ano
  • Puxo en valor iniciativas de conciliación vencelladas co deporte, que está a promover a Administración autonómica a través do Plan Corresponsables e nas que está a participar un 44% de nenas menores de 16 anos

Sanxenxo (Pontevedra), 8 de marzo de 2024

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou nunha mesa redonda convocada polo Concello de Sanxenxo hoxe con motivo do Día da Muller, no que puxo en valor a contribución das deportistas das diferentes disciplinas en favor da igualdade e, nomeadamente, na loita contra a violencia de xénero.

No acto entregáronse recoñecementos a unha vintena de clubs locais polo seu traballo no impulso da figura feminina nas súas disciplinas. Vázquez lembrou que hoxe unha de cada catro licenzas concedidas en Galicia son de mulleres, que fan un total de 77.660.

O obxectivo para os próximos anos, indicou a secretaria xeral da Igualdade, é o de chegar á igualdade efectiva tamén neste eido.

Para acadalo, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade seguirá a colaborar este 2024 coa Fundación Deporte Galego na posta en marcha da quinta edición do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de 1º e 2º máximo nivel Estatal de Galicia. Trátase de poñer en valor o traballo dos equipo sobre o significado do compañeirismo, o esforzo, o traballo, a superación como colectivo ou a resiliencia.

Campañas como 'NON á violencia de xénero' teñen dado a volta ao mundo grazas a federacións, clubs e todos os deportistas olímpicos e paralímpicos galegos. En 2021 co gallo dos Xogos de Toquío destináronse 300.000 euros para que os olímpicos e paralímpicos galegos levaran esta mensaxe, exemplificou a secretaria xeral.

Tamén a través do Plan Corresponsables estase a impulsar en Galicia a práctica deportiva feminina, cun 44% de participación feminina acadada en 2022 e 2023 nas iniciativas de conciliación e animación socio-deportiva para nenos e nenas ata 16 anos celebradas en 175 concellos galegos.

Sandra Vázquez puxo en valor a colaboración dos concellos como o de Sanxenxo para avanzar nunha sociedade tolerante e sen discriminacións. Avogou pola colaboración con estes, a través de diferentes liñas de axuda dirixidas ás entidades locais.

Entre outras medidas desde 2009 a Xunta financia accións municipais para a promoción da igualdade, a conciliación e mesmo para o mantemento dos Centros de Información á Muller (CIM).

A comunidade conta tamén coa Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, integrada por 228 municipios, que poden acceder á oferta anual de espectáculos, actividades, obradoiros ou visitas que reforzan a sensibilización social contra as violencias, incidindo na prevención e na detección precoz.

Vázquez incidiu na necesidade de seguir a desenvolver políticas de igualdade efectivas e arraigadas nos municipios, e tendeu a man aos gobernos locais para seguir a avanzar por ese camiño.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22888 {"title":"A Xunta pon en valor neste Día da muller a relevancia do deporte no impulso da igualdade e a loita contra a violencia de xénero","published_date":"2024-03-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"22888"} galicia C. de Promoción do Emprego e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-08/22888-xunta-pon-valor-neste-dia-da-muller-relevancia-do-deporte-impulso-da-igualdade-e-loita-violencia-xenero https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.