Rueda reclama máxima vixilancia fronte aos incendiarios e medidas urxentes para evitar escorrentías nas zonas queimadas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Goberno galego prepara un plan específico para evitar arrastres de terra e enchentes en áreas críticas, especialmente na provincia de Ourense

Oia (Pontevedra), 25 de agosto de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a parroquia de Mougás, no concello de Oia, para avaliar os efectos do incendio rexistrado nesta zona e extinguido a noite do sábado, e insistiu na necesidade de manter a alerta en toda Galicia, malia que a situación máis complexa maioría dos últimos días se rexistrara en Ourense.
"O certo é que a maioría dos anteriores foron na provincia de Ourense, pero nunca hai que baixar a garda. A demostración é que aquí, a moita distancia doutros incendios, tamén se están producindo e hai que actuar", sinalou. Neste senso, destacou que a rápida e eficaz intervención dos medios de extinción evitou danos maiores. "Isto podería ter sido moito peor, falamos de miles de hectáreas, pero afortunadamente a presenza de moitos medios fixo posible evitar males maiores", subliñou.
O presidente avanzou que existen indicios de intencionalidade neste lume: "Todo indica, tal e como me comunicou o responsable provincial, que había evidencias de intencionalidade, e polo tanto os incendiarios seguen por aí". Neste punto, puxo en valor a detención dun presunto incendiario en Arbo: "Respectando a presunción de inocencia, quero animar e aplaudir as actuacións das Forzas e Corpos de Seguridade, constatando que os incendios se investigan, que se persegue aos incendiarios e que se lles detén e pon a disposición xudicial".
Rueda referiuse tamén á situación en Ourense, onde "acabamos de coñecer a estabilización do incendio de Chandrexa, e quedan polo tanto dous incendios activos (Carballeda de Valdeorras e Avión) que agardamos que se controlen e extingan canto antes".
O xefe do Executivo autonómico puxo o foco na prevención de riscos derivados dos incendios unha vez apagados: "Toca traballar para evitar as escorrentías, que as cinzas comprometan os abastecementos de auga, que os obstrúa e provoquen acumulación e desbordamentos. Todo isto hai que facelo colaborando cos Concellos e as Deputacións, pedindo axuda a todos, incluíndo o Goberno central".
Neste senso, agradeceu a colaboración do Exército e a actuación da Unidade Militar de Emerxencias (UME) desde o primeiro momento, e pediu que se manteña e reforce a presenza de medios militares en Galicia para axudar ás tarefas tanto de control de perímetros como de limpeza. "Agora que a situación está máis calmada, pido que sigan chegando os medios solicitados, sobre todo con maquinaria para labores de limpeza e extinción", apuntou, engadindo que "hai que poñerse especialmente estritos nos próximos meses cos labores preventivos".
En relación coas axudas, o titular do Goberno galego confirmou a convocatoria dun Consello extraordinario este venres en Ourense para aprobar un paquete de medidas dirixidas ás persoas e sectores afectados: "As axudas publicaranse de xeito inmediato e poremos os sistemas necesarios para que se tramiten do xeito máis sinxelo posible para que cheguen canto antes".
Finalmente, reclamou responsabilidade e colaboración política. "Espero que a oposición sexa construtiva en todo isto. Non busquemos máis tensión. O que Galicia precisa neste momento son propostas e cooperación para superar esta situación", concluíu.