A Xunta apoia en Vigo a campaña do centro comercial aberto Zona Náutico co obxecto de revitalizar o consumo de cara ao novo curso escolar
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 25 de agosto de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá en Vigo na presentación da campaña La vuelta al cole en Zona Náutico, apoiada pola Xunta no marco das axudas aos centros comerciais abertos dotadas este ano con 2,5 millóns de euros. Alí, puxo esta acción —que arranca hoxe e se prolongará deica o 14 de setembro— como exemplo da dinamización que persegue o Goberno galego no marco do Plan estratéxico do comercio 2025-2030, de cara a incentivar o consumo e atraer clientes co fin último de incrementar as vendas dos establecementos comerciais.
Cómpre lembrar que neste 2025 as axudas a centros comerciais abertos tamén están a apoiar cinco campañas de dinamización extraordinarias promovidas entre agosto e outubro en Ferrol, Boiro, Ribadeo, Marín e Rianxo, no marco da iniciativa O teu comercio local é extraordinario. Estas campañas teñen como obxectivo dinamizar o tecido comercial, fomentar o consumo de proximidade e reforzar o papel do comercio como motor económico e social nas vilas e cidades galegas, poñendo en valor o esforzo e a creatividade dos centros comerciais abertos.