A Xunta promove en Sober a comercialización do produto artesán galego na quinta edición de ´Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra´
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Comercio e Consumo, o director xeral de Patrimonio Cultural e a xerente da Fundación Artesanía de Galica visitaron o evento no que participan unha vintena de obradoiros artesanais
- A iniciativa desenvólvese durante toda a xornada no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras, con obradoiros gratuítos para todos os públicos de encadernación, de estampaxe e de cerámica de torno, así como coa actuación musical do grupo Deuce
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Sober (Lugo), 23 de agosto de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, xunto coa xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron a quinta edición do evento Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra —celebrado no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras—, unha iniciativa que reúne unha vintena de obradoiros artesanais especializados en oficios tradicionais como a cerámica, o coiro, o téxtil, a olería, a xoiería, a madeira, os instrumentos musicais tradicionais, a forxa e os xoguetes.
A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, reafirma así o seu apoio aos sectores artesanais galegos, impulsando espazos de encontro entre artesáns e público, ao tempo que fomenta a difusión e venda dos produtos autóctonos cun valor cultural e económico sostible. Durante a xornada, de 11,00 a 21,00 horas, terá lugar unha programación de obradoiros gratuítos e abertos para todos os públicos, que inclúen encadernación xaponesa, estampaxe e torno cerámico, impartidos por artesáns locais e por representantes da Asociación Galega da Cerámica. Tamén está prevista a actuación musical do grupo Deuce a partir das 13,00 horas.
A visita dos representantes autonómicos pon de manifesto o compromiso da Xunta coa promoción e comercialización do produto artesán galego e coa consolidación da marca Artesanía de Galicia como selo de calidade e autenticidade. Gabriel Alén destacou a importancia destas accións para a dinamización económica e cultural da Ribeira Sacra, contribuíndo á visibilización do traballo dos artesáns e ao fortalecemento do tecido comercial local.