A Xunta pon en valor o auxe da feira Mostrart e o seu papel na difusión do selo Artesanía de Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a feira Mostrart, que celebra a súa 41 edición ata o 31 de agosto nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña
  • Nela participan 62 obradoiros artesáns dos que 51 pertencen ao selo Artesanía de Galicia, 11 artesáns doutras autonomías e ademais desenvólvense obradoiros abertos ao público e demostracións en vivo a cargo de artesáns
  • Gabriel Alén fixo fincapé na importancia de iniciativas coma esta para seguir atraendo novos talentos a este sector e destacou o labor da Fundación Artesanía de Galicia e de entidades como a Asociación Galega de Artesáns
  • A aposta do Goberno galego pola artesanía de Galicia reflíctese no Plan estratéxico de comercio 2025-2030 con medidas como os apoios para impulsar a comercialización e a competitividade deste sector e na estratexia global de emprendemento

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Coruña, 21 de agosto de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe a feira Mostrart, que celebra a súa 41 edición ata o 31 de agosto nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña e que impulsa a Asociación Galega de Artesáns co apoio da Xunta. Alí o director xeral destacou o auxe desta cita e o seu importante papel na difusión do selo Artesanía de Galicia e de novos talentos neste sector, que contribúen a dinamizar o territorio.

De feito, nesta edición desta cita, que ten lugar todo o mes de agosto, participan máis de 62 empresas artesáns das que 51 obradoiros pertencen ao selo Artesanía de Galicia e isto convértena na feira de venda directa máis relevante da comunidade autónoma e tamén un escaparate de referencia a nivel nacional.

Neste sentido, Gabriel Alén fixo fincapé na importancia de iniciativas coma esta para seguir atraendo novos talentos a este sector e subliñou que é un exemplo da aposta da Xunta pola artesanía galega. Un labor que se reflicte, engadiu, a través da Fundación Artesanía de Galicia e de entidades como a Asociación Galega de Artesáns.

Os obradoiros participantes en Mostrart abranguen varios oficios, entre eles, coiro, téxtil, xoiería, bixutería, escultura, madeira, arte floral, xoguetes, cerámica, encadernación, papel e cartón, e instrumentos musicais. A eles súmanse 11 artesáns procedentes doutras comunidades autónomas que participan nesta iniciativa e o programa Oficios ao sol, que consiste en obradoiros gratuítos abertos ao público con demostracións en vivo a cargo de diferentes artesáns e que se desenvolven os luns e martes de agosto.

Os próximos terán lugar a vindeira semana, que é a última da feira. En concreto, o 25 de agosto, haberá un taller de elaboración dun colgante ou adorno para maiores de 12 anos e en quendas de hora e media, que impartirá Jatafarta, e o 26 terá lugar outro de elaboración de pezas de cerámica para maiores de 6 anos, en quendas de hora e media e a cargo de Víctor Ares. Para asistir é necesario inscribirse previamente e os menores deben ir acompañados dun adulto.

Medidas para impulsar a artesanía de Galicia

O compromiso do Goberno galego co sector artesán tamén se manifesta no Plan estratéxico de comercio 2025-2030 con medidas como as futuras bolsas de aprendices para o programa Aprender da tradición. Oficios e técnicas, iniciativa de formación continua para conservar e renovar técnicas e oficios tradicionais e para captar novos talentos que aseguren o futuro do sector.

Isto compleméntase coa estratexia global de emprendemento que promove a Xunta, coa Rede de polos como aliada, e tamén coa atracción de talento das galegas e galegos do exterior, con apoios chave na remuda xeracional como as axudas ao Retorno Emprendedor (1 M€). Outros apoios son os destinados a obradoiros artesanais, concellos e asociacións para impulsar a comercialización e a competitividade da artesanía de Galicia, dos que se beneficia a Asociación Galega de Artesáns, e os Premios Artesanía de Galicia 2025, que visibilizan o potencial do sector artesán galego.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 21/08/2025
1206019 {"title":"A Xunta pon en valor o auxe da feira Mostrart e o seu papel na difusión do selo Artesanía de Galicia","published_date":"2025-08-21","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/202813-govclipping-espana-notas-prensa.webp","id":"1206019"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-21/1206019-xunta-pon-valor-auxe-da-feira-mostrart-e-seu-papel-na-difusion-do-selo-artesania-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.