A Xunta abre mañá o prazo aos concellos para que se acollan á orde de axudas dirixidas ao financiamento de programas de inclusión social
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Póñense a disposición das entidades locais máis de 8 millóns de euros para o período 2025-2027, un 5,6 % máis que na anterior convocatoria
- Subvenciónanse actividades para a inserción sociolaboral, de apoio familiar ou de atención a persoas sen fogar, entre outras
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2025
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas destinadas aos concellos para que poidan desenvolver programas de inclusión social orientados á poboación xitana, inmigrante e a outras persoas que se atopen en risco de exclusión. Deste xeito, o Goberno galego pon á disposición das administracións locais máis de 8 millóns de euros para o período 2025-2027, o que supón un incremento dun 5,6 % respecto á anterior convocatoria (2023-2025).
As entidades locais interesadas en acollerse a estas achegas teñen de prazo un mes, contado a partir de mañá, para presentar as solicitudes. Deberán facelo obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A través desta orde de subvencións, os concellos, as mancomunidades ou agrupacións de concellos poderán financiar, entre outras, actuacións de apoio á inclusión social ou laboral, programas para favorecer a inclusión residencial, servizos de mediación social e intercultural e accións de educación e apoio familiar dirixidas a familias en situación ou risco de exclusión social. O prazo para cumprimentar os programas subvencionados mantense nos dous anos, co obxectivo de que os proxectos ofertados teñan unha maior seguridade e estabilidade financeira.
Esta liña de axudas está cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus 2021-2027 e enmárcase na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2023-2030, que fai fincapé na importancia das medidas orientadas á inclusión social das persoas usuarias dos servizos sociais comunitarios.