A Universidade Austral da Arxentina acolle unha clase maxistral sobre a lei galega para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia explicou os contidos e obxectivos da Lei ao alumnado da Facultade de Dereito
  • A sesión foi organizada pola Diplomatura de Dereito Sanitario, que coñeceu tamén o traballo desenvolvido polo Sergas para a aplicación dunha IA ética ao servizo das persoas e da saúde
Imagen del artículo A Universidade Austral da Arxentina acolle unha clase maxistral sobre a lei galega para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2025

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño, impartiu hoxe por videoconferencia unha clase maxistral dirixida ao alumnado de Dereito da Universidade Austral da Arxentina sobre Regular e implementar a intelixencia artificial no sector público: a experiencia de Galicia.

Tras explicar o papel da Amtega na coordinación e desenvolvemento da transformación dixital na Comunidade Autónoma, Julián Cerviño enmarcou a aprobación da lei de IA na aposta de Galicia pola especialización tecnolóxica na xestión ética e responsable dos datos. Neste sentido, indicou que esta lei establece un marco de goberno para o desenvolvemento e uso da IA na Administración pública rexional e afianza os dereitos de transparencia e supervisión humana, a igualdade, así como os mecanismos de tutela para facer valer os dereitos de protección de datos ou a revisión das decisións tomadas coa axuda desta tecnoloxía.

O director da Amtega destacou a visión comprometida de Galicia con respecto ao uso da intelixencia artificial, ao ter en conta que a ciencia e a tecnoloxía poden alterar valores e principios da sociedade. Así, explicou que dende a Xunta, "con independencia dos casos de uso e aplicacións da tecnoloxía, reafirmamos e protexemos os nosos principios e valores en canto á xestión pública, como a imparcialidade, a transparencia, a seguridade ou a responsabilidade".

A clase maxistral, aberta a todo o alumnado da Facultade de Dereito, foi organizada pola Diplomatura de Dereito Sanitario. O director da Amtega explicou o papel do Consello Técnico Asesor en Intelixencia Artificial e Espazo de Datos, como órgano colexiado creado para o asesoramento da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (Sergas) no deseño e na proposta das políticas que impliquen o uso desta tecnoloxía. O seu obxectivo principal é garantir un uso ético e seguro da IA e da xestión dos datos.

Julián Cerviño expuxo algúns exemplos sobre o uso da IA no Sergas, como os algoritmos que axudan a interpretar lesións óseas ou musculares en radiografías; os dispositivos portátiles para facer ecografías que grazas á IA poden usarse na atención primaria; os sistemas para identificar casos de cancro e facer outro tipo de análises en mostras de anatomía patolóxica; o uso da IA nos cribados de cancro de mama; ou a análise das historias clínicas con IA para axudar ao persoal médico a decidir, entre outros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/08/2025
1153955 {"title":"A Universidade Austral da Arxentina acolle unha clase maxistral sobre a lei galega para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial","published_date":"2025-08-04","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1153955"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-04/1153955-universidade-austral-da-arxentina-acolle-unha-clase-maxistral-lei-galega-desenvolvemento-e-impulso-da-intelixencia-artificial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.