O hipersector TIC galego incrementa un 13 % o valor das súas exportacións nun ano
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O sector de contidos e o tecnolóxico sumaron 136 millóns de euros en exportacións en 2023, fronte aos 120 millóns do ano anterior
- O incremento débese en boa medida ao impulso na fabricación de computadoras, equipos periféricos e produtos electrónicos de consumo
- Galicia conta con 4.098 empresas do Hipersector TIC en Galicia que empregan a máis de 29.000 persoas, un 1,9% máis que en 2023
- O valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC superou por primeira vez os 2.000 millóns de euros, cun incremento do 10,3 % no último ano
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2025
As exportacións do Hipersector TIC galego, integrado polo sector tecnolóxico e o de contidos, creceron nun 13 % nun ano, acadando os 136 millóns de euros fronte aos 120 millóns rexistrados en 2022. Este crecemento débese en boa media ao o forte impulso rexistrado na fabricación de computadoras e equipos periféricos, cun crecemento do 46,4 %, e na fabricación de produtos electrónicos de consumo, cun incremento do 40,1 %.
Son datos do informe Galicia Dixital. O Hipersector TIC en Galicia, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que sinala, tamén, que as importacións baixaron un 25,1 %, contraéndose tanto no sector TIC (-25,5%) como no dos contidos (-17,1 %). Deste xeito, o déficit comercial redúcese máis dun 85 % no último ano, ao pasar de case 77 millóns de euros a só 11 millóns en 2023.
O documento reflicte que o valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC superou por primeira vez os 2.000 millóns de euros, cun incremento do 10,3 % no último ano. O sector TIC achega máis de 1.800 millóns de euros (+9,5 %), mentres que o sector contidos medra un 15,5 %, cun avance significativo fronte a anos anteriores.
No que respecta ao número de empresas, Galicia conta xa con 4.098 entidades activas no Hipersector TIC, o 4,9 % do total estatal e o 1,7 % do total de empresas galegas. Estes datos consolidan á comunidade como quinta no ranking nacional. Segundo os datos do informe, no ano 2024 o sector alcanzou os 29.099 traballadores, cun aumento do 1,9 % respecto ao ano anterior.
Medra o emprego, especialmente no sector TIC e entre as mulleres
O sector TIC lidera o crecemento do emprego, acadando 23.467 postos de traballo en Galicia, o que supón un incremento do 2,3 %. Tamén o sector contidos permaneceu estable, cunha subida mínima (0,1 %) que lle permite chegar aos 5.632 traballadores.
Un ano máis, o sector destaca pola súa contribución á redución da fenda de xénero: o emprego feminino medrou un 2,5%, fronte ao 1,9% xeral, consolidando así unha tendencia que se mantén por cuarto ano consecutivo. As mulleres representan o 33,6% do total de traballadores do Hipersector TIC. Por sectores, a presenza feminina é do 31,1% no Sector TIC e do 44% no Sector Contidos.
Distribución territorial: A Coruña lidera o emprego TIC
A actividade do Hipersector TIC concéntrase nas provincias do eixe atlántico, con A Coruña e Pontevedra reunindo o 89,8% do emprego total. En particular, A Coruña mantense como a provincia con maior peso, representando o 62% do emprego no sector TIC, cun total de 14.412 traballadores e un crecemento do 5,4% respecto a 2023.
No sector contidos, o emprego mantense estable. Sobe lixeiramente en Lugo e Pontevedra, mentres que se reduce lixeiramente en A Coruña e Ourense. A provincia da Coruña concentra o 64,5% do emprego do sector contidos e, xunto con Pontevedra, agrupan o 87,6% dos postos de traballo.
Todos os informes e documentos do OSIMGA distribúense libremente na Rede baixo licenza Creative commons e están dispoñibles na web do Observatorio: www.osimga.gal