Rueda salienta na IX Romaría Internacional de ABANCA o papel da entidade como socio estratéxico e o valor de Galicia como terra estable, aberta e de oportunidades

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Anima a continuar sendo exemplo de hospitalidade e convivencia, e agradece o labor dos galegos do exterior como embaixadores de Galicia
  • Enxalza Galicia como un territorio atractivo para o investimento, con bos datos económicos e cifras récord no eido turístico

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Nogueira de Ramuín (Ourense), 26 de xullo de 2025.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na novena edición da Romaría Internacional de ABANCA, onde destacou o papel da entidade como "socio estratéxico da Xunta de Galicia" e puxo en valor a estabilidade política, a apertura ao mundo e a capacidade de atracción de investimentos dunha Galicia que, subliñou, "segue ofrecendo certezas nun contexto de incerteza e crispación crecente".

Durante o acto, celebrado no Parador de Santo Estevo, en pleno corazón da Ribeira Sacra, Rueda salientou o acerto da localización escollida para esta edición, lembrando que "Galicia confía en que a Ribeira Sacra sexa declarada este ano Patrimonio da Humanidade, con todo o que iso supón de potencial turístico, de imaxe de Galicia no mundo e de reflexo do que queremos proxectar".

Rueda aproveitou a súa intervención para reiterar a importancia de contar con entidades "potentes, estables e con músculo financeiro" que confíen na acción da Administración pública galega e colaboren en proxectos estratéxicos para a Comunidade. Neste senso, agradeceu o compromiso continuado de ABANCA e tendeu unha man ao seu equipo directivo para seguir traballando en futuros proxectos comúns.

O presidente tamén fixo balance da situación actual da Comunidade, asegurando que, malia incerteza global, "Galicia segue sendo esa illa de estabilidade da que tanto presumimos, cun bo ano económico, exportando, atraendo empresas e ofrecendo un clima de confianza e diálogo". Fronte a outras realidades marcadas pola división, Rueda reivindicou unha Galicia que "non é amiga dos extremos nin da crispación, senón unha terra de xente traballadora, tranquila e centrada no que importa".

Na súa mensaxe, tamén quixo reivindicar unha Galicia aberta, integradora e orgullosa da súa historia migratoria, especialmente ante o repunte de discursos de rexeitamento e xenofobia. "Moitos galegos tiveron que emigrar en tempos difíciles, e foron ben acollidos porque traballaban e contribuían. Ese é o modelo que defendemos: unha Galicia de brazos abertos, con orde e respecto á lei, onde quen vén sumar é ben recibido", afirmou.

A poucos meses dun novo Xacobeo e cun turismo en cifras récord, Rueda concluíu asegurando que "esta é a Galicia máis aberta e máis optimista que nunca", e trasladou aos galegos do exterior asistentes á Romaría o orgullo da Comunidade por contar con eles como embaixadores no mundo. "Aquí tedes un fogar que vos recibe con gratitude. Grazas por seguir levando Galicia por todo o mundo", finalizou.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/07/2025
1125646 {"title":"Rueda salienta na IX Romaría Internacional de ABANCA o papel da entidade como socio estratéxico e o valor de Galicia como terra estable, aberta e de oportunidades","published_date":"2025-07-26","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/198836-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1125646"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-26/1125646-rueda-salienta-na-ix-romaria-internacional-abanca-papel-da-entidade-como-socio-estratexico-e-valor-galicia-como-terra-estable-aberta-e-oportunidades https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.