A Xunta entregará a Medalla de Galicia aos alcaldes de Braga e Porto
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Rueda resalta que Ricardo Río e Rui Moreira son un bo exemplo da "do espíritu de cooperación" que hai entre Portugal e a comunidade galega
- Salienta os lazos "históricos, culturais, lingüísticos e económicos" que unen a ambas rexións
- Galicia colabora con ambas cidades en proxectos culturais, científicos, sanitarios ou vencellados ao turismo

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello aprobou hoxe conceder a Medalla de Ouro de Galicia aos alcaldes de Braga, Ricardo Río, e Porto, Rui Moreira, que este ano deixan o seu cargo ao chegar ao período máximo de mandato que fixa a normativa portuguesa. Deste xeito, os dous rexidores súmanse á Súa Alteza Real a Princesa de Asturias que tamén recibiu este ano a Medalla de Galicia, a máxima distinción que concede a comunidade galega.
Rueda salientou que Río e Moreira representan "o espíritu de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal", dous territorios que comparten "lazos históricos e culturais, lingüísticos e un ecosistema económico" que xera milleiros de postos de traballo e de relacións humanas aos dous lados da raia.
Ricardo Río é alcalde de Braga desde 2013 e exerceu diferentes cargos en organismos de cooperación coma o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, unha plataforma desde a que "sempre reivindicou melloras que redunden na calidade de vida dos veciños de ambas rexións", segundo indicou Rueda.
O presidente salientou ademais importantes centros ubicados en Braga cos que Galicia mantén unha "unha activa" colaboración. É o caso do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía, centro pioneiro neste ámbito e co que desenvolven dez proxectos conxuntos. Ademais a comunidade galega colabora con esta cidade en diferentes actividades culturais como residencias artísticas para creadores de ambas rexións ou programas para promover o cine, a música ou a arquitectura galega en Braga.
No caso de Rui Moreira, alcalde de Porto tamén desde 2013, o presidente da Xunta resaltou que se trata "dun aliado fundamental" á hora de solicitar avances na liña de alta velocidade entre Vigo e Lisboa ou no Corredor Atlántico. Ademáis, Galicia colabora nunha trintena de proxectos coa Universidade de Porto e as dúas rexións cooperan en iniciativas para promover o envellecemento activo ou o turismo.
Rueda explicou que a entrega destas dúas Medallas de Galicia terá lugar, como é habitual, o vindeiro 24 de xullo nun acto en Santiago de Compostela.