Rueda urxe ao comisario de Pesca solucións aos problemas da flota palangreira
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O presidente da Xunta mantivo un encontro con Costas Kadis no que avaliaron asuntos como a necesaria revisión da Política Pesqueira Común (PPC) ou o veto á pesca de fondo en determinadas zonas
- A conselleira do Mar participou posteriormente nun encontro a tres bandas entre a Administración autonómica, o Goberno central central e o Executivo comunitario
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 10 de xullo de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión co comisario europeo de Pesca e Océanos, Costas Kadis, para tratar os intereses de Galicia na Unión Europea no ámbito marítimo-pesqueiro. O presidente trasladoulle a súa preocupación polas consecuencias que vai a ter para a frota galega a sentenza derivada do veto á pesca de fondo en 87 áreas do Atlántico Nororiental.
Nesta liña, Galicia urxe ao executivo comunitario solucións técnicas que permitan garantir a supervivencia da actividade pesqueira no marco dunha xestión dos recursos mariños equilibrada, que atenda aos factores biolóxicos, económicos e sociais. Rueda trasladou a man tendida do Executivo autonómico e recordou a solicitude de reunión tanto co comisario de Pesca como co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación unha vez que foi pública a resolución do Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
O Goberno galego, previo consenso coa Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7), tamén procedeu a estudar a posibilidade de recorrer dita sentenza. Así, destacou que estase a elaborar a proposta de solucións técnicas alternativas que permitan excluír ao palangre demersal, unha das artes de pescas máis selectivas e sostibles, desta prohibición.
Por outra banda, Rueda puxo de manifesto algunhas das peticións incluídas no Decálogo Estratéxico de Galicia na defensa dos intereses da comunidade ante a revisión da Política Pesqueira Común (PPC). O documento, realizado pola Xunta, incide na necesidade de integrar na toma de decisións ás rexións altamente dependentes da pesca así como aos axentes socioeconómicos do sector.
Unha cogobernanza da xestión dos recursos pesqueiros que permita afondar na viabilidade económica desta actividade extractiva, a conservación ambiental dos ecosistemas mariños e o fomento dunha Economía Azul na que as actividades da pesca, o marisqueo e a acuicultura ocupen o centro do deseño das políticas do futuro do mar.
Galicia é a primeira potencia pesqueira europea, por iso o sector marítimo-pesqueiro é unha actividade estratéxica. O complexo mar-industria galego xera arredor de 50.000 empregos directos.
Encontro trilateral
A conselleira do Mar participou posteriormente nunha xuntanza con representantes do Goberno central e o propio Kadis nos que se trataron outro temas de interese que marcarán a axenda de retos que ten que enfrontar a Consellería do Mar a curto e medio prazo.
No marco dos TACs e cotas, Galicia considera que a UE debería alcanzar un acordo en breve para dotar de seguridade xurídica e estabilidade real á frota europea e revisar o regulamento, especialmente no apartado de avaliacións de stocks-especies, pois unha avaliación global de poboacións en vez dunha individual prexudica a estados como España coas súas pesqueiras saneadas.
Villaverde tamén insistiu na necesidade de reforzar o mantemento dun marco financeiro específico para a pesca e a acuicultura, avogando porque sexan as propias rexións as que teñan voz propia no reparto dos fondos e no sistema de execución dos mesmos, coma máximas coñecedoras da realidade do sector en cada comunidade costeira.