Rueda reivindica a nova Cidade Deportiva do Celta de Vigo como símbolo da Galicia innovadora e comprometida co deporte
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Salienta que o proxecto Galicia Sports 360 suporá máis de 110 millóns de euros de investimento e xerará centos de empregos directos e indirectos
- Subliña que a nova infraestrutura reforzará a posición de Galicia como referente no eido deportivo e turístico
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Mos (Pontevedra), 10 de xullo de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe no acto de colocación da primeira pedra da segunda fase da Cidade Deportiva Afouteza, en Mos, acompañado da presidenta do Real Club Celta de Vigo, Marián Mouriño, e de representantes do tecido deportivo e social local, así como as distintas autoridades mosenses.
Rueda trasladou o seu recoñecemento ao club vigués pola excelente tempada, que lle permitiu clasificarse para a Europa League, un éxito que considerou motivo de orgullo para toda Galicia e resultado do traballo realizado tanto na canteira como no primeiro equipo.
O titular do Goberno galego subliñou que o proxecto de Afouteza representa un chanzo máis na historia do club e, ao tempo, no conxunto do deporte galego, xa que se trata dunha iniciativa estratéxica enmarcada en Galicia Sports 360. Neste senso, puxo en valor a capacidade desta infraestrutura para promover a formación, a innovación, o respecto ambiental e a colaboración institucional, converténdose nun referente no eido deportivo e tecnolóxico.
Segundo explicou, a Cidade Deportiva Afouteza acollerá espazos orientados á formación de novos deportistas, ao desenvolvemento de técnicas de adestramento avanzadas, á promoción do fútbol feminino e á incorporación de laboratorios de e-sports, sumando así ao impulso da igualdade de oportunidades e ao aproveitamento do talento galego.
Rueda incidiu en que Galicia Sports 360 constitúe unha aposta de país pola súa capacidade de xerar oportunidades de emprego e de dinamización de sectores estratéxicos como a construción, a hostalaría, os servizos e o turismo deportivo. O proxecto, declarado de Interese Autonómico pola Xunta, contempla un investimento superior aos 110 millóns de euros, e prevé a creación dun centro de formación con ciclos universitarios e de FP, o que reforzará o compromiso co talento e a educación.
Rueda aproveitou para reivindicar Galicia como potencia polideportiva, lembrando que o pasado ano se rexistraron máis de 319.000 licencias deportivas. Ademais, durante a tempada 2024/2025 acadáronse varios récords de investimento que reflicten a boa marcha do deporte galego.
As 58 federacións deportivas contan en 2025 co seu maior orzamento histórico, con 5,5 millóns de euros a través dos convenios de colaboración e preto de 850.000 euros en patrocinios. Ademais, os clubs, volven acceder ás axudas de equipamento deportivo, por importe de preto de 1,5 millón de euros, e tamén ás habituais axudas por actividade cun total de 2 millóns de euros. Cómpre lembrar que en 2024, as axudas da Xunta para os deportistas de alto nivel acadaron un novo récord ao chegar a preto de 1 millón de euros.
Finalmente, o titular da Xunta reafirmou a vontade do Goberno de seguir acompañando ao Celta no seu proxecto de futuro, convencido de que tanto o club como Galicia posúen a determinación para seguir facendo historia no ámbito deportivo.