A Xunta pon en valor a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 29 de xuño de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Patrimonio Cultural, Angel Miramontes, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe á Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, para poñer en valor a súa declaración como Ben de Interese Cultural. Esta cerimonia, que tivo lugar na catedral de Lugo, supuxo a primeira celebración con esta distinción por parte da Xunta polo seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego.
Pola súa banda, o responsable de Patrimonio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude lembrou que con esta declaración como Ben de Interese Cultural culmina a tramitación, iniciada polo Goberno galego en 2024, para darlle este recoñecemento a unha tradición que se celebra desde hai máis de tres séculos e que supón "un dos últimos expoñentes deste histórico Reino".