A Xunta impulsa a formación e a divulgación dos oficios artesanais no encontro corazón da artesanía de Agolada

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Fundación Artesanía de Galicia convoca sete cursos centrados na estampaxe manual, na pasamanería, no coiro, na decoración de olería, na elaboración dun tapiz con redes de pesca e no debuxo
  • A iniciativa forma parte da programación do XII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que terá lugar nos Pendellos de Agolada os días 4, 5 e 6 de xullo
  • Na programación do evento inclúense tamén seis obradoiros gratuítos e abertos a todos os públicos sobre bordado, forxa, papiroflexia, elaboración de figuras de miga de pan, tecido e torno cerámico

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2025

A Xunta abre o prazo de inscrición para os sete cursos de formación especializada que está previsto realizar no marco do proxecto Corazón da Artesanía, que se vai celebrar os días 4,5 e 6 de xullo nos Pendellos de Agolada (Pontevedra). A través da Fundación Artesanía de Galicia organízanse cursos centrados na estampaxe manual, na pasamanería, no coiro, na decoración de olería, na elaboración dun tapiz con redes de pesca e no debuxo. Para todos eles é precisa a inscrición previa e as solicitudes xa se poden realizar a través da páxina web da Fundación Artesanía de Galicia.

Na edición deste ano destaca un curso de Deseño e elaboración de útiles para a mesa, a cargo de Santiago Besteiro, gañador do Premio Emprendemento nos Premios Nacionais de Artesanía 2022; no que se aprenderán a crear diferentes utensilios con materiais coma o coiro, a madeira e o esparto. Outra das novidades deste ano será o obradoiro Proxecto Bolina. Tecendo pasado e futuro, que estará impartido pola deseñadora Amalia Puga (A Guarda). Trátase dun obradoiro para descubrir a arte da confección de redes dende unha mirada creativa e contemporánea.

A técnica do bordado ao aire é outra das incorporacións desta edición a través dun obradoiro de Iniciación á pasamanería impartido por Rafael González (Ponteareas), no que se amosarán as técnicas fundamentais empregadas tradicionalmente como adorno téxtil para decorar traxes tradicionais, prendas de vestir, accesorios ou artigos de decoración.

Tras a boa acollida dos cursos de olería tradicional de Buño da edición pasada, este ano adícase tamén un dos cursos de formación ao Debuxo decorativo de pratos tradicionais de Buño, impartido por Luz Díaz, do obradoiro Alfarería Rulo (Buño, Malpica de Bergantiños). Neste curso atenderase a un grupo diferente de participantes cada un dos tres días.

A artesá Natalia Moreno (Baiona) será a encargada de impartir o obradoiro Crea e estampa a túa pantalla de lámpada na que se empregará un tecido estampado á man polos propios participantes a través da técnica do sombreado ou con degradados sobre téxtil.

Mónica Cao, de Mocao Artesanía (Oleiros), dirixirá un obradoiro de Iniciación á marroquinería, no que darán a coñecer as principais técnicas no traballo con coiro e coñecementos básicos sobre as ferramentas precisas e os tipos de pel que se poden traballar no oficio. Haberá tamén un grupo de participantes diferentes cada día.

Durante toda a fin de semana desenvolverase tamén o Diario gráfico Corazón da Artesanía: Urban sketching. Caderno en movemento: un acordeón de cores, dirixido pola ilustradora Catalina Rodríguez (Lugo). Neste obradoiro, co caderno en acordeón como fío condutor, traballarase a figuración en movemento de diferentes escenas recreando artesáns, pezas, compradores e a propia arquitectura dos pendellos que enmarca o Corazón a Artesanía. O domingo pola mañá celebrarase un concurso entre os traballos elaborados e seleccionaranse dous gañadores. O primeiro premio estará dotado con 300 € e o segundo cun lote de produtos de Artesanía de Galicia.

Obradoiros abertos ao público adulto e infantil

Un ano máis, o Corazón da Artesanía funcionará tamén como un espazo de divulgación e de achegamento dos oficios artesanais a todo tipo de públicos a través de seis obradoiros abertos e gratuítos para os que non é preciso inscrición e que se celebrarán de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 21,00 h.

Unha das novidades do programa será o curso de Iniciación á forxa que impartirá Jorge Eiroa (Culleredo), no que se lle ofrecerá aos participantes un primeiro contacto coa forxa a través da elaboración dunha pequena peza sinxela.

Cristina Velasco, de Anaquiños de Papel (A Coruña) impartirá o obradoiro Cando florece o pendello no que os participantes elaborarán grilandas de papel inspiradas na natureza e na iconografía galega, parte das cales ficarán para decorar o pendello.

Minia Banet, de Variopinto (Santiago) ofrecerá un obradoiro de Bordado sobre fotografía, no que empregarán diferentes puntos para engadirlle cor e textura ás fotografías dos pendellos de Agolada.

Como xa é habitual, haberá un obradoiro de Elaboración de Sanandresiños, a cargo de Jorge Bellón, que amosará como realizar as tradicionais figuras de Santo André de Teixido con miga de pan; así como un obradoiro de Iniciación ao torno cerámico e á elaboración de pezas de cerámica na mesa, que estará impartido polos ceramistas Carlos San Claudio (Vigo) e Nerea Carpente - de Peixe Nero - (Covelo) así como por representantes da Asociación Galega da Cerámica e doutras Artesanías (Gondomar). Ademais, os artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop (Vigo), ofrecerán un obradoiro de Tecido colectivo de tapices nun gran bastidor cúbico.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 13/06/2025
1049219 {"title":"A Xunta impulsa a formación e a divulgación dos oficios artesanais no encontro corazón da artesanía de Agolada","published_date":"2025-06-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/187955-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1049219"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-13/1049219-xunta-impulsa-formacion-e-divulgacion-dos-oficios-artesanais-encontro-corazon-da-artesania-agolada https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.