A Xunta pon en valor a colaboración público-privada para afrontar retos do mercado laboral como a cobertura de vacantes e o absentismo inxustificado

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • José González debullou as medidas do Goberno galego para atender as necesidades do tecido produtivo e fomentar o emprego de calidade, como o impulso da formación flexible ou a atracción de talento, co foco nos galegos do exterior
  • Sobre a relación entre absentismo e saúde laboral, puxo de manifesto o estudo encargado ás universidades de Santiago e Vigo no marco da mesa de diálogo social específica e en cuxos primeiros resultados se afondará nas vindeiras semanas
  • En liña cos obxectivos da Fundación Isonor, a prol do benestar integral, a igualdade ou a corresponsabilidade no ámbito laboral, cómpre sinalar o compromiso da Xunta co impulso de espazos de traballo saudables e seguros
  • Desde a vertente da RSE destacan programas como 'Responsabilízate', co que máis de 620 pequenas e medianas empresas galegas recibiron asesoramento desde 2016, e a vixente Estratexia Galega de RSE 2023-2025
  • Ademais, a Estratexia Galega de Seguridade e Saúde Laboral: Horizonte 2027, dotada con preto de 56 M€, aborda tamén medidas dirixidas á saúde integral dos traballadores e a abordar os novos riscos psicosociais
Imagen del artículo A Xunta pon en valor a colaboración público-privada para afrontar retos do mercado laboral como a cobertura de vacantes e o absentismo inxustificado
Vigo, 12 de xuño de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González salientou hoxe a necesidade da colaboración público-privada para seguir abordando os grandes retos do mercado laboral, entre os que sitou desafíos como a cobertura de vacantes e o absentismo laboral inxustificado. Así o manifestou esta mañá no acto de presentación da Fundación Isonor —no que estivo acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández— un proxecto liderado polo grupo empresarial galego Isonor que nace co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento dunha cultura de benestar integral nas organizacións.

José González debullou algunhas medidas do Goberno galego para atender as necesidades do tecido produtivo e fomentar o emprego de calidade, entre as que salientou aquelas dirixidas a promover unha maior flexibilidade na formación ou as enfocadas na atracción de talento, coa prioridade no retorno dos galegas e galegas do exterior.

Ao respecto da relación entre absentismo e saúde no ámbito do traballo, José González manifestou que o absentismo laboral inxustificado require unha resposta conxunta por parte de administracións, empresas e sindicatos. Con este obxectivo explicou que o Goberno galego puxo en marcha unha mesa específica de diálogo social para analizar esta situación e se encargou un informe a expertos das universidades de Santiago e Vigo —en cuxos primeiros resultados se poderá afondar nas vindeiras semanas— e que xa arroxou datos relevantes no seu punto de partida, recollendo que Galicia presenta unha taxa de absentismo próxima ao 8%, por riba da media estatal, cun custo de 850 M€ para a Seguridade Social e 782 M€ para as empresas.

Ante estes retos, o conselleiro subliñou a importancia de seguir fortalecendo a colaboración público-privada, destacando que a implicación de entidades como a nova Fundación Isonor son claves para seguir avanzando da man.

Compromiso con modelos produtivos responsables e seguros

En liña cos obxectivos que promove a Fundación Isonor, a prol de valores como o benestar integral, a igualdade, a corresponsabilidade ou a formación continua no ámbito laboral, cómpre sinalar o compromiso da Xunta co impulso de espazos de traballo saudables e seguros, tanto desde a vertente da responsabilidade social empresarial como desde a promoción da seguridade e a saúde laboral.

Entre elas, destaca o programa Responsabilízate, co que máis de 620 pequenas e medianas empresas galegas recibiron asesoramento desde 2016 para avanzar cara a unha xestión empresarial comprometida cos valores ASG (ambientais, sociais e de bo goberno). Tamén a Estratexia Galega de Responsabilidade Social Empresarial 2023-2025, que busca consolidar este novo modelo produtivo sostible e competitivo en Galicia.

En materia de prevención de riscos laborais, a Estratexia Galega de Seguridade e Saúde Laboral: Horizonte 2027, dotada con preto de 56 millóns de euros, recolle 135 medidas para mellorar as condicións de traballo no conxunto do mercado laboral galego. Esta folla de ruta compleméntase co plan anual do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), encargado de desenvolver de maneira operativa estas actuacións e que no que, ademais de poñer o foco na prevención da sinistralidade en sectores estratéxicos, aborda medidas dirixidas á saúde integral dos traballadores e os riscos psicosociais derivados das novas formas de organización do traballo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/06/2025
1048772 {"title":"A Xunta pon en valor a colaboración público-privada para afrontar retos do mercado laboral como a cobertura de vacantes e o absentismo inxustificado","published_date":"2025-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1048772"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-12/1048772-xunta-pon-valor-colaboracion-publico-privada-afrontar-retos-do-mercado-laboral-como-cobertura-vacantes-e-absentismo-inxustificado https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.