Lete asegura que o regreso do Campionato de España de orientación en idade escolar a Galicia "ratifica á nosa comunidade como referente no deporte base"

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O secretario xeral para o Deporte amosou o seu convencemento de que a celebración do campionato en Galicia axudará a incrementar as preto de 700 licenzas da federación galega, das que o 36% son de mulleres
Imagen del artículo Lete asegura que o regreso do Campionato de España de orientación en idade escolar a Galicia ratifica á nosa comunidade como referente no deporte base
Santiago, 11 de xuño de 2025

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do Campionato de España de Orientación en Idade Escolar (CESA) que terá lugar do 20 ao 22 de xuño nos municipios galegos de Porto do Son e Santiago de Compostela, co apoio da Xunta de Galicia. Ademais, o 17 e o 18 de maio celebrouse o Campionato de España de Centros Escolares de Orientación (CECEO) en Pontevedra, impulsado tamén polo Goberno galego.

O mandatario galego, Lete Lasa, celebrou a nova de que o CESA de Orientación regrese a Galicia tras o seu paso en 2018 cando tivo lugar na Coruña con "grande éxito". Neste sentido apuntou que a decisión das federacións nacional e galega "ratifica á nosa comunidade como referente no deporte base". Cómpre subliñar que a orientación é unha das 38 federacións adheridas ao programa Xogade da Xunta de Galicia que xunta a oferta lúdica e deportiva, escolar e federada, para os rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos e que á fin da tempada pasada contaba co 60% dos escolares galegos inscritos.

Para Lete Lasa, "a orientación é un deporte que consiste en pensar, entender, elaborar estratexias e tomar decisións. Unha actividade realizada en pleno contacto coa natureza nada nos países do norte de Europa e que chegou a España nos anos 60 grazas ao ámbito militar". O secretario xeral apuntou a importancia destes valores para o desenvolvemento dos máis pequenos e enxalzou o escenario no que terá lugar a competición. "Porto do Son e Compostela son dous lugares míticos de Galicia que contan con dous dos maiores segredos da nosa cultura: o castro de Baroña e a Catedral de Santiago".

O CESA de Orientación será para os nenos e nenas de toda España "como percorrer un tramo deses camiños e Santiago que vertebran Europa co obxectivo de converterse en campións nacionais". Lete Lasa amosou tamén o seu convencemento de que a celebración do campionato en Galicia axudará a incrementar as preto de 700 licenzas da federación galega, das que o 36% son de mulleres.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/06/2025
1047461 {"title":"Lete asegura que o regreso do Campionato de España de orientación en idade escolar a Galicia \"ratifica á nosa comunidade como referente no deporte base\"","published_date":"2025-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/187929-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1047461"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-11/1047461-lete-asegura-regreso-do-campionato-espana-orientacion-idade-escolar-galicia-ratifica-nosa-comunidade-como-referente-deporte-base https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.