Fabiola García destaca que a gratuidade consolida a Galicia como líder de escolarización na etapa de educación infantil de 0 a 3 anos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Sinala que a comunidade galega mantense por riba do 60%, case 13 puntos máis que a media nacional, e sitúase ao nivel dos países con maiores índices de benestar en Europa, como Suecia ou Dinamarca
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, puxo en valor esta mañá os datos oficiais que ratifican que Galicia consolida o seu liderado na taxa de escolaridade de 0 a 3 anos, manténdose por riba do 60% e superando en case 13 puntos a media de España. Esta porcentaxe sitúa á comunidade galega ao nivel dos países con maiores índices de benestar en Europa, como Suecia ou Dinamarca.
Na súa intervención, Fabiola García destacou que este liderado é consecuencia directa da aplicación do programa da gratuidade da Xunta, xa que desde que se comezou a implantar hai tres cursos a porcentaxe de matriculacións neste 1º ciclo de Educación Infantil aumentou en 14 puntos. Lembrou, ademais, que a Xunta destina 65M€ ao ano a esta medida, "que segue sen contar con ningún apoio económico do Goberno central" e que supón para as familias galegas un aforro de máis de 3.000 euros por curso.
Ademais, a conselleira puxo en valor que Galicia é a comunidade autónoma onde o programa da gratuidade é máis completo, xa que ningunha outra ofrece ata 8 horas diarias e 11 meses por curso atención educativa totalmente de balde ao 100% do alumnado e en todas as escolas infantís: as públicas, as de iniciativa social e as privadas. A través desta medida, a Xunta pon a disposición das familias máis de 32.000 prazas gratuítas.